Diferenzas entre revisións de «Aaron North»

Despois dunha exitosa audición, North uníuse a [[Nine Inch Nails]] no ano [[2005]] como guitarrista de xira, nunha formación que tamén contaba co batería [[Jerome Dillon]], o baixista [[Jeordie White]] e o teclista [[Alessandro Cortini]]. Ten afirmado que a invitación á audión foi debido a unha recomendación que lle fixo o produtor [[Alan Moulder]] a [[Trent Reznor]], xa que Moulder traballara tanto con The Icarus Line como con [[Nine Inch Nails]].
 
North estivo co grupo nas xiras ''Live: With_Teeth'' (promocionando o seu álbum de [[2005]] ''[[With Teeth]]'') e ''Performance: 2007'' (que promocionou ''[[Year Zero]]'', editado no [[2007]]). No ano [[2005]], mentres estaba tocando con [[Nine Inch Nails]], North actuou como guitarrista convidado con [[Queens of the Stone Age]] en varios acústicos en tendas e en dous concertos "normais" en [[Los Angeles]]. En xullo do [[2006]], North foi demandado (xunto con [[Nine Inch Nails]]) polo garda de seguridade de Wisconsin Mark LaVoie. O garda afirmaba que fora agredido "intencinadamente e con violencia" no concerto que realizara o grupo no Alliant Energy Center o [[13 de outubro]] de [[2005]]. A demanda resolveuse cun acordo extraxudicial polo que LaVoie recibiría unha sustancialsubstancial cantidade de cartos.
 
North apareceu no DVD ''[[Beside You In Time]]'', e tamén nos videos musicais de "[[The Hand That Feeds]]" 3 "[[Survivalism]]". Deixou o grupo cando rematou a xira ''Performance: 2007''.