Micotoxinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Poliuria > poliúria.
Liña 54:
A Ocratoxina A e unha micotoxína producida por fungos dos xéneros Aspergillus e Penicillium, que contaminan de forma natural cereais e legumes, principalmente en zonas temperadas do hemisferio Norte, onde se cultiva trigo e cebada. Pese a que existe lexislación sobre esta toxina en alo menos once países, é común a fabricación de pensos con cereais contaminados, afectando principalmente a aves de granxa de porcos, debido a que os animais monogástricos carecen de capacidade para hidrolizar esta micotoxina. Desta forma poden pasar ao home a través de produtos de orixe animal.<ref>{{cita web|apelidos=Carrillo|nome=Leonor|título=Mohos y micotoxinas|url=http://www.unsa.edu.ar/matbib/hongos/01htextomohos.pdf|dataacceso=16 de abril de 2013|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20050324131854/http://www.unsa.edu.ar/matbib/hongos/01htextomohos.pdf|dataarquivo=2005-03-24}}</ref>
 
Esta micotoxina únese con grande afinidade as proteínas plasmáticas, alongando así o seu tempo de permanencia no organismo, e agravando os efectos a longo prazo. No home estas son as principais intoxicacións, posto que ocorren polo consumo continuado de produtos de orixe animal que conteñen Ocratoxina A. Doses elevadas e únicas da toxina poden dar lugar a unha intoxicación aguda, da cal os principais signos clínicos serán anorexia, perda de peso, poliuriapoliúria, polidipsia, hemorraxias dixestivas e deshidratación, que poden dar lugar á morte poucas semanas despois da administración. O consumo de alimentos contaminados, a doses inferiores a 0.2&nbsp;mg/kg de peso corporal, durante períodos inferiores a 4 meses, da lugar á toxicidade renal, con poliuriapoliúria, glucosuria, proteinuria e enzimuria. Esta exposición crónica parece estar relacionada cunha enfermidade denominada nefropatía endémica dos Balcáns, que consiste nunha insuficiencia renal crónica bilateral frecuentemente asociada a uroteliomas e carcinoma renal. Diversos estudos poñen de manifesto tamén unha acción tóxica sobre o sistema inmune e sobre o sistema nervioso pola súa acumulación no [[mesencéfalo]].<ref>{{cita web|título=Efectos toxicos de la ocratoxina A|url=http://www.adiveter.com/ftp/articles/articulo804.pdf|dataacceso=16 de abril de 2013|autor=Lopez de Cerain A., Jimenez Am., Ezpeleta O., Bello J|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20060520211643/http://www.adiveter.com/ftp/articles/articulo804.pdf|dataarquivo=2006-05-20}}</ref>
 
A eliminación e maiormente renal, pero no home tamén se teñen atopado cantidades considerables de esta micotoxina no leite materno, o cal supón un grave perigo, posto que este é o único alimento do lactante, que se expón a cantidades de Ocratoxina superiores as permitidas.