Capón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
 
=== Alimentación e ceba ===
Os capóns críanse ó aire libre, cunha alimentación natural a base de [[cereal|cereais]]. Teñen zonas de campo á súa disposición para que a súa crianza se leve a cabo da maneira máis natural. Nestes prados ten que haber matogueiras, [[árbore]]s,... que dan sombra no [[verán]]. A cría ó aire libre, ademais de proporcionarlle ó animal alimento verde, daralles ás aves a posibilidade de buscar [[insecto]]s, [[larva]]s,... actividade que non só é importante dende o punto de alimenticio, senón que se considera un anti-stressestrés natural. Pola noite, os capóns recóllense nun lugar cerrado. Durante toda a crianza, tanto dentro da corte, coma fóra, no campo, teñen á súa disposición toda a comida (cereais) que desexen, así como auga de bebida. É importante que as aves teñan a posibilidade de facer [[exercicio físico]], xa que favorece o desenvolvemento da musculatura, co que esta adquire máis coloración e, polo tanto, unha carne máis escura e apetecible.
 
O proceso de ceba é totalmente artesanal, o segredo da súa calidade está na súa coidada alimentación e manexo. A tradición marca que os capóns se encerren nas [[capoeira (gaiola)|capoeiras]] o día de [[Martiño de Tours|San Martiño]] ([[11 de novembro]]). As dimensións mínimas destas capoeiras individuais serán de 50cm x 50cm, e están feitas con materiais axeitados, que non afectan o benestar animal. Están dotadas de comedeiros e bebedoiros. Unha vez dentro, dáselles de comer unha pasta ou amoado feita con [[millo]] do país mesturada con auga fervida ou [[viño branco]]. A isto tamén se lle pode engadir pataca ou castañas cocidas e xema de ovo. Estes ingredientes repercuten directamente na calidade final da carne do capón, así como tamén na cor da súa pel, que adquire unha tonalidade dourada. A comida dáselle ó pito no colo, obrigándoo a comer incluso se non o quere.