Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
|ordo = [[Myrtales]]
|familia = [[Myrtaceae]]
|genus = '''[[Eucalyptus]]'''
|species = '''''E. globulus'''''
|binomial = '''Eucalyptus globulus'''
|binomial_authority = [[Jacques Labillardière|Labill.]]
|range_map = E. globulus.JPG
Liña 17:
O '''eucalipto azul''' (''Eucalyptus globulus'')<ref>Sinonimia: ''E. cordata'', ''E. glauca'', ''E. diversifolia''.</ref><ref>A [[FAO]], nunha reclasificación da [[Taxonomía|sistemática]] desta especie, utiliza a forma ''E. globulus'' Labill. subsp. ''globulus''. J. S. Labillardiere foi quen identificou esta especie, en [[1792]], a partir de mostras recollidas en Tasmania.</ref> é unha árbore [[Perennifolio|perennifolia]] da familia das [[Myrtaceae|mirtáceas]] pertencente ao xénero [[eucalipto]]. Constitúe unha das especies de árbores nativas de [[Australia]] máis espalladas ao longo do mundo. Estas árbores adoitan medrar até os 30 ou 55 m de altura. O meirande espécime desta especie atópase na illa de Tasmania e mide 90,7 m.<ref>[http://www.gianttrees.com.au Giant Trees Consultative Committee<!-- Bot generated title -->]</ref> Existen rexistros antigos de árbores aínda máis altas, chegando a meirande aos 101 m.<ref>[http://www.archive.org/details/eucalyptihardwoo00lewiuoft Lewin, D. W. 1906: The Eucalypti Hardwood Timbers of Tasmania]</ref> [[O Avó de Chavín]] ([[Viveiro]]), cuns 7,6 metros de circunferencia na base e máis 61,8 metros de altura, é o eucalipto máis alto da [[Península Ibérica]] e un dos máis altos de Europa <ref name="lavozdegalicia.com">Datos da Consellería do Medio Rural. Outras fontes dan medidas diferentes: 10,5 metros de perímetro e 67 metros de altura (''La Voz de Galicia'' (31.01.2009) [http://www.lavozdegalicia.com/portada/2009/01/31/00031233431753875643201.htm], que di basearse en datos oficiais), ou máis de 80 metros de altura (Turgalicia [http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=111&crec=16943&cidi=E]).</ref>. A distribución natural desta árbore abrangue a illa de [[Tasmania]] e o sur do estado australiano de [[Victoria, Australia|Victoria]] (particularmente no sur do estado). Existen poboacións nativas illadas en [[Illa King, Australia|King Island]] e [[Illa Flinders|Flinders Island]], ambas as dúas illas no [[estreito de Bass]]. Froito das repoboacións con fins económicos ou ornamentais, existen na actualidade poboacións establecidas no sur de [[Europa]] (particularmente en [[Galicia]] e [[Portugal]]), sur de [[África]], [[Nova Zelandia]], oeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ([[California]]), [[Hawaii]] e a [[Macaronesia]]<ref>{{Cita web | url = http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?15919 | título = GRIN Taxonomy for Plants - ''Eucalyptus globulus'' | autor = United States Department of Agriculture}}</ref>.
 
En [[lingua inglesa|inglés]] denomínase '''''Tasmanian Blue Gum''''', '''''Southern Blue Gum''''' ou '''''Blue Gum'''''. Os termos ''Tasmanian'' (con orixe en Tasmania) e ''Southern'' (sureño ou meridional) fan referencia á orixe meridional da árbore (sur de Australia e norte de Tasmania). '''''Blue Gum''''' refírese á cor (''blue''=azul) do [[zume (botánica)|zume]] que sae de xeito abondoso da codia da árbore cando se lle fan cortes. ''Gum'' é o [[caucho]] que se forma cando o zume supura. En galego coñécese coma '''eucalipto azul''' ou tamén '''eucalipto branco''' (pola cor da súa codia). Existen tamén segundo a zona unha [[Eucalipto azul#Os eucaliptos na cultura popular galega|ampla sinonimia para denominar á especie]].
 
O eucalipto azul foi proclama emblema floral do estado de [[Tasmania]] o [[27 de novembro]] de [[1962]]. O nome da especie vén do [[latín]] ''globulus'', pequeno botón, e fai referencia á forma do [[opérculo (botánica)|botánica]].
Liña 57:
Dise que foi [[Rosendo Salvado|Frei Rosendo Salvado]] (1814-1900), que evanxelizou [[Australia]], quen trouxo a árbore a [[Galicia]] a mediados de [[século XIX]] <ref>Silva Pando non ve verosímil esta teoría porque o lugar de residencia do misioneiro estaba a máis de 3.000 km da zona australiana onde medra o ''E. globulus'', e supón que, de mandar algo, sería outra especie.</ref>, se ben outras fontes aseguran que as nosas árbores foron importadas dende [[Portugal]]. Non hai coincidencia na data exacta da súa introdución: Silva Pando afirma que comezou a plantarse en Galicia en 1845-1855; o edafólogo [[Francisco Díaz-Fierros|Díaz-Fierros]] dá como primeira cita en Galicia a de 1863 <ref>En Asturias, en 1865; en Cantabria, 1866; no País Vasco, 1867.</ref>, e tamén supón que procede de plantacións portuguesas, onde se coñecía desde 1839 <ref>Francisco Díaz-Fierros Viqueira, ''La Voz de Galicia'' (1 de setembro de 1989).</ref>; Pablo Ramil Rego asegura que Rosendo Salvado enviou as sementes en 1886 <ref>''La Voz de Galicia'', 3 de febreiro de 2009.</ref>.
[[Ficheiro:Eucalipto Santiago 01eue.jpg|Eucalipto de gran porte nun parque de [[Santiago de Compostela]].|miniatura|dereita]]
Nun principio cultivouse como árbore ornamental, e así podemos ver fermosos exemplares na Alameda de [[Santiago de Compostela|Santiago]], nos xardíns do Gran Hotel da Toxa ([[O Grove]]) ou no Pazo de Rubiáns ([[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]]); pero axiña se espallou por toda Galicia (e o norte peninsular) para o seu aproveitamento madereiro, dado o seu rápido crecemento e facilidade de cultivo na [[clima de Galicia|climatoloxía galega]]: se a mediados dos sesenta do século pasado o eucalipto ocupaba en Galicia uns poucos centos de hectáreas <ref>Pablo Damil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria (''La Voz de Galicia'', 3.02.2009).</ref>, cara a 1992 eran unhas 40.000 hectáreas <ref>Silva Pando. Refírese a eucaliptais puros, aos que habería que sumar outras 100.000 ha de superficie arborada mixta, con piñeiros e frondosas autóctonas.</ref> e en 2009 tiñamos xa 375.000 <ref>Tomás Fernández Couto, Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia (''La Voz de Galicia'', 10.05.2009).</ref>. Hoxe está amplamente distribuído por toda Galicia, especialmente na franxa costeira, xa que non medra tan doadamente a alturas superiores aos 500-700 metros de altitude por ser sensible ás xeadas. En calquera caso e aínda que non resiste temperaturas por baixo dos -5&nbsp;°C, recupérase rapidamente grazas a eses brotes epicórmicos que se mencionaron antes.
 
Os distintos autores coinciden en que o verdadeiro problema da especie foi a repoboación masiva con eucaliptos que tivo lugar no tardofranquismo, no momento no que cedeu o monocultivo do piñeiro para empezar a subvencionar o eucalipto. Estas subvencións, xunto ao alto prezo que pagaban as papeleiras nun principio, a alta produtividade (que podía chegar a 40 m³ por hectárea e ano) e o abandono do medio rural daqueles tempos de puxante industrialización, fixeron que moitas terras que antes se dedicaban a outros cultivos pasasen a ser sementadas de eucaliptos, mesmo terras agrícolas de alto valor <ref>É frase célebre desta época que se plantaban eucaliptos ata na horta da casa.</ref>.