Souto da Retorta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''Souto da Retorta''' está situado na parroquia luguesa de [[Chavín, Viveiro|Chavín]] ([[Viveiro]]), na marxe dereita do [[río Landro]] e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 [[eucalipto]]s (''Eucalyptus globulus''), algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o '''eucaliptal de Chavín'''.
 
O [[25 de febreiro]] de [[2000]] foi incluído entre os [[Espazo natural protexido|Espazos naturais protexidos]] baixo a figura de [[Monumento natural]] <ref>Decreto 77/2000, de 25 de febreiro (DOG nº 72, de 12 de abril de 2000).</ref>.
 
Tamén está incluído dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras <ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070417/AnuncioD506_gl.html Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007)].</ref>.
 
O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu [[clima oceánico]] húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412&nbsp;mm e unha temperatura media de 13&nbsp;°C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
Liña 13:
== O Avó de Chavín ==
[[Ficheiro:Souto da Retorta.jpg|miniatura|dereita|O Avó. Pódese apreciar o seu grosor comparado coas seis persoas que están apoiadas nel.]]
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de [[1860]] para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o '''Avó de Chavín''', de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte <ref>Turgalicia cita no eucaliptal alturas de 80 metros; Leiro Lois dá cifras de 67 m de altura, 2,5 m de diámetro e 10,5 de perímetro, referidas concretamente ó ''Avó''.</ref>.
 
En [[2010]] foi nomeado ''Árbore do ano'' nos premios ''Árbol y Bosque del Año'' organizados pola organización ''Bosques sin Fronteras'' e a Fundación Biodiversidade <ref>”O Avó de Chavín es el gigante del año”, en ''La Voz de Galicia'' 20.11.2010 [http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/11/20/0003_8860656.htm] [http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/19/galicia/1290187117.html].</ref>.
[[Ficheiro:O Avó de Souto da Retorta.jpg|thumb|O Avó de Souto da Retorta.]]
Aparece no [[Catálogo de Árbores Senlleiras]] da [[Xunta de Galiza]].