Illa de Cortegada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrección, técnicamente non é unha illa de marea
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Historia: + cantiga
Liña 36:
 
A comezos do século XX había na illa unha poboación estable dunhas 70 persoas, na beira sueste, a máis abrigada. En 1907 unha comisión de nobres e industriais procurou mercar a illa para lla regalar ao rei [[Afonso XIII de España]], coa idea de que construíse nela unha residencia estival. O 16 de xullo de 1910 rematou o proceso de compras e expropiacións dos terreos, e o 16 de xullo dese ano firmouse a escritura de cesión da illa á casa Real. Porén, por entón xa estaba a construírse o palacio da Magdalena en [[Santander]], polo que a illa quedou como coto de caza. O rei foi visitala nunha ocasión.
 
* ''Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada'' <ref>Bouza Brey engade que se trata dunha adaptación doutra cantiga popular (''non viches beilar o sol...'') co gallo da visita de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]] a Cortegada, en 1909. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: ''ô Rei''.</ref>.
 
Coa chegada da [[Segunda República Española]] a illa foi expropiada polo estado, construíndose un cuartel de carabineiros. En 1953 foi devolta a [[Juan de Borbón y Battenberg]], que encargou a plantación forestal de [[eucalipto]]s e [[piñeiro]]s. En 1978 vendeulle a illa a unha inmobiliaria, que tiña a idea de urbanizala e construír un campo de [[golf]]. Porén, logrouse paralizar o proxecto, e o 13 de xuño do 2002 foi incluída no [[parque nacional das Illas Atlánticas]] para a conservación dos seus valores naturais.