Vilagarcía de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 171:
== Vilagarcía na literatura popular ==
; Cantigueiro
* ''En Vistalegre dixín/ baixando a Vilagarcía:/ Eu monxa non quero ser,/ casada non sei que diga'' <ref>Alude a un convento que existiu en Vistalegre, chegando a Vilagarcía desde Cambados. [[Fermín Bouza-Brey]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169.</ref>.
* ''Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada'' <ref>Bouza Brey engade que se trata dunha adaptación doutra cantiga popular (''non viches beilar o sol...'') co gallo da visita de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]] a Cortegada, en 1909. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: ''ô Rei''.</ref>.
* ''Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o sol/ nunha mazán colorada'' <ref>Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ''n-unha''.</ref>.
* ''Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo'' <ref>A Torre é un lugar de Arealonga. [[Fermín Bouza-Brey]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 160.</ref>.
* ''O pino do Pousadoiro/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada'' <ref>O Pousadoiro é un monte entre Vilagarcía e Caldas de Reis. [[Fermín Bouza-Brey]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.</ref>.