Útero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
O Vocabulario de medicina aconsella arteria ilíaca interna.
Liña 18:
* [[Endometrio]], que é unha capa mucosa especializada que se renova en cada [[Menstruación|ciclo menstrual]].
 
O útero está irrigado polas arterias uterinas, ramas da [[arteria hipogástricailíaca interna]]. A drenaxe linfática diríxese principalmente ós [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] ilíacos internos e externos, cara aos paraórticos.
 
A cada un dos lados hai un [[ovario]] que produce [[óvulo]]s ou ovos que chegan a el a través das trompas de Falopio. Cando non hai [[embarazo]], o útero mide uns 7,6 cm de lonxitude, 5 cm de anchura e 2,5 cm de grosor. Durante a xestación, o óvulo fecundado implántase no revestimento uterino, onde crece ata acadar a madurez. As paredes do útero son elásticas e estíranse durante o embarazo para albergar ó feto en crecemento. Aínda que o útero é un órgano muscular posúe un revestimento de material glandular brando que durante a [[ovulación]] se fai máis denso, momento no cal está listo para recibir un óvulo fecundado. Se non se produce a fecundación, este revestimento expúlsase durante a [[menstruación]].