Illas Virxes Estadounidenses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
== Historia ==
 
As Illas Virxes estiveron habitadas por diversos grupos [[indíxena]]s, especialmente os [[ciboney]], os [[Caribe (etnia)|caribes]] e os [[arawak]]s. O navegante [[Cristovo Colón]] divisou estas illas en [[1493]] durante a súa segunda viaxe, e chamounas en honra de Santa [[Úrsula]] e as súas [[Virxindade|virxes]]. Nos trescentos anos posteriores, a administración destas illas recaeu en diversos colonizadores [[Europa|europeos]]: [[España]], o [[Reino Unido]], os [[Países Baixos]], [[Francia]], a [[Orde de Malta]] e [[Dinamarca]].
 
A [[Compañía Danesa das Indias Occidentais]] chegou á illa de San Tomé (''Saint Thomas'') en [[1672]] e a San Xoán (''Saint John'') en [[1694]]. En [[1733]], os daneses compraron a illa de Santa Cruz (''Saint Croix'') aos franceses. En [[1754]], as illas convertéronse nunha colonia do Reino, chamada ''Jomfruøerne''. A colleita da [[cana de azucre]] por [[escravitude|escravos]] dominou a economía das illas nos séculos [[Século XVIII|XVIII]] e [[Século XIX|XIX]], ata a [[abolicionismo|abolición da escravitude]] decretada polo gobernador [[Peter von Scholten]], o [[3 de xullo]] de [[1848]].
 
Durante a fase da guerra de [[submarino]]s na [[Primeira Guerra Mundial]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], temendo unha posible captura das Illas Virxes por parte de [[Alemaña]] para usalas como base naval, premeu ao Reino de Dinamarca para que vendese este territorio. Temendo que se Alemaña invadise Dinamarca, Estados Unidos conquistaría as illas, o país nórdico aceptou a oferta. O [[17 de xaneiro]] de [[1917]], Estados Unidos comprou o territorio das [[Indias Occidentais Danesas]] por 25 millóns de [[dólar estadounidense|dólares]], tomando posesión o [[31 de marzo]]. En [[1927]], Estados Unidos decretou a [[cidadanía]] a todos os habitantes das illas.
 
== Goberno e política ==