Castelo de Santo Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
pequenos detalles
Liña 17:
 
== Historia ==
No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un [[Illa|illote]] próximo ao [[porto da Coruña]], existía a finais da [[Idade Media]] unha [[capela]] dedicada a [[Antón Abade|Santo Antón]] e nela confinábanse os [[navegante]]s co mal coñecido como ''[[lume de Santo Antón]]'' (ergotismo), sendo tamén utilizado con posterioridade como [[lazareto]].<ref name="CNET">[http://www.castillosnet.org/espana/informacion.php?ref=C-CAS-017 Castillosnet.org] {{Es}}.</ref>
 
=== Precedentes ===
[[Ficheiro:Castillo de San Antón, La Coruña, España, 2015-09-24, DD 32.jpg|miniatura|esquerda|Outra vista do castelo.]]
 
Na visita á Coruña de [[Carlos V]] o [[14 de abril]] de [[1520]], o Consello da cidade fíxolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos [[Royal Navy|barcos ingleses]] e co obxecto de obter o permiso para a construción dunha Casa de Contratación, petición que fora feita pola nobreza e o clero galego nese mesmo ano, xa que desde o ano [[1503]] o comercio con América se centralizaba na [[Casa de Contratación de Sevilla]].
 
Co regreso da expedición de [[Fernão de Magalhães]] e [[Juan Sebastián Elcano]] en setembro de [[1522]], o Consello da Coruña fixo chegar un memorial ao emperador Carlos V, solicitando que o seu porto fose a base comercial da nova ruta aberta.
 
Finalmente o emperador concedeulle a Casa de Contratación á cidade o [[22 de decembro]] de 1522<ref>Que foi pechada no ano [[1573]]</ref>, facilitando o comercio co norte de [[Europa]].
Liña 33:
No ano [[1528]] elixiuse a [[Illa de San Antón, A Coruña|illa de Santo Antón]] como o lugar para a construción dunha fortaleza.<ref name="GDAG">{{Versaleta|Soraluce Blond, José Ramón}}. ''Guía da Arquitectura Galega (1999)''. Guías Galaxia, [[Editorial Galaxia|Galaxia]], páx. 93 a 95. ISBN 84-8288-186-8.</ref> Nese ano recibíronse na Coruña cartas e provisións reais, nas que o [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Emperador]] mandaba que se levantase unha fortificación.<ref name="MMEMU">{{Versaleta|[[Manuel Murguía|Murguía, Manuel]]}}: [https://books.google.es/books?id=MPf3ne9nj5AC&dq=%22castillo%20de%20san%20anton%22%201528&hl=es&pg=PA22#v=onepage&q=%22castillo%20de%20san%20anton%22%201528&f=false "El Castillo de San Antón]" en ''[[El Museo Universal]]'' n.º 3, p. 22-23, [[Madrid]], 15/2/1858 {{Es}}.</ref>
 
O [[enxeñeiro]] Fratín, inspector de fortificacións de [[Filipe II de España|Filipe II]], referendou o lugar en 1581<ref>Adelaida Riveira Bullón: [http://ruc.udc.es/bitstream/2183/11728/2/RiveiraBullon_Adelaida_DTCOM_2013.pdf ''Reconstrucción infográfica y volumétrica de las etapas constructivas del Castillo de San Antón'']. 2013., [[Universidade da Coruña|UDC]], 2013. {{es}}</ref> e o rei autorizou a súa construción, que levou a cabo o profesor da Real Academia de Matemáticas, o enxeñeiro alférez Pedro Rodríguez Muñiz, que se atopaba en Galicia ao servizo do [[Capitán Xeneral]] [[Marquesado de Cerralbo|Marqués de Cerralbo]].<ref name="GDAG"/>
 
A obra iniciouse no ano [[1587]], tal e como indica unha inscrición situada a carón do escudo do Marqués de Cerralbo da portada da fortaleza.<ref name="ANGELDC">{{cita libro|apelidos={{Versaleta|Castillo}}|nome={{Versaleta|Ángel del}}|ligazónautor=Ángel del Castillo |título=Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) | url= http://www.fundacionbarrie.org/index.php?page=shop.product_details&flypage=flypage.tpl&category_id=8&product_id=163&vmcchk=1&option=com_virtuemart&Itemid=64 |ano=1987|anoorixinal=1972|edición=2ª|editor=[[Fundación Pedro Barrié de la Maza]]|isbn=84-85728-62-9|localización=A Coruña|páxina=261}}</ref>
Liña 39:
Deseñou un modelo italiano adaptado a unha illa. Algún documento fala do uso para a construción de [[perpiaño]]s da [[escaleira]] exterior estragada da [[Torre de Hércules]].<ref name="PXOM"/><ref name="GDAG"/> A pedra da antiga [[muralla da Coruña|muralla da cidade]] tamén foi utilizada para a súa construción.
 
No ano [[1590]] o rei Filipe II ordenou ao seu arquitecto Tiburcio Spinochio que continuase e finalizase as obras do castelo que foran interrompidas polo ataque de [[Francis Drake]].<ref name="CNET"/> Deste xeito rematourematoaron nese mesmo ano as obras, coa construción dos aloxamentos para a [[tropa]], o [[alxibe]] e a torre que defende a porta.
 
A súa construción prolongouse desde o século XVI a boa parte do [[século XVII|XVII]], períodos durante os cales a cidade viu partir a [[Armada Invencible]], tivo que facer fronte aos ataques ingleses (Drake en maio de [[1589]]) e ao acoso da frota do [[arcebispo]] de [[Bordeos]] no ano [[1639]].