El Pueblo Gallego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
Apareceu o [[27 de xaneiro]] de [[1924]], o seu primeiro director foi [[Ramón Fernández Mato]] e [[José Rivas Montenegro]] o redactor xefe. Despois de facerse coa propiedade do xornal en [[1927]], [[Manuel Portela Valladares]] convertéuse en director.
 
Nesta primeira etapa tivo unha orientación liberal aberta ao galeguismo e ao progresismo. O xornal acolleu as máis prestixiosas plumas do galeguismo e o republicanismo: [[Ánxel Sevillano]], [[Roberto Blanco Torres]], Roberto González Pastoriza, [[Evaristo Correa Calderón]], [[Xulio Sigüenza]] e [[Ramiro Fernández Valle]] foron redactores xefes. [[Gerardo Álvarez Gallego]], [[Felipe Fernández Armesto]], [[Xoán Xesús González]], [[Luís Amado Carballo]] e [[Ánxel Fole]] tamén foron redactores. [[Carlos Maside]] era o director artístico, acompañado de ilustradores como [[Manuel Torres]] e [[Álvaro Cebreiro]].
 
Colaboradores destacados foron [[Johán Carballeira]] (que se iniciou como correspondente do xornal en [[Bueu]]), [[Avelino López Otero]] (correspondente na [[A Coruña|Coruña]]), [[Antón Vilar Ponte]], [[Juan Antonio Suárez Picallo]], [[Víctor Casas]], [[Antón Alonso Ríos]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Alexandre Bóveda]], [[Rafael Dieste]], [[Otero Pedrayo]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]], [[Castelao]], [[Cándido Fernández Mazas]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Xosé Núñez Búa]] e [[Xesús Golmar]]. Tamén asinaron artigos [[Eugenio Montes]], [[Azorín]], [[Jorge Luis Borges]] ou [[Ramón Pérez de Ayala]].