Diferenciación celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 64:
 
===== Complexo represivo Polycomb (PRC2) =====
No campo do [[silenciamento de xenes]], o [[PRC2|complexo represivo Polycomb 2]], que é unha das dúas clases da familia de [[proteínas do grupo Polycomb]] (PcG), cataliza a di- e trimetilación da [[histona]] H3]] na lisina 27 (H3K27me2/me3).<ref name="Christophersen"/><ref name = "Guenther">{{Cita publicación periódica |pmid=20616255 |doi=10.1126/science.1193995 |author=Guenther MG, Young RA |title=Repressive Transcription |journal=Science |year=2010 |volume=329 |issue=5988 |pages=150–1 |pmc=3006433|bibcode = 2010Sci...329..150G}}</ref> Ao unirse ao nucleosoma etiquetado con H3K27me2/3, a PRC1 (que tamén é un complexo da [[familia de proteínas]] PcG) cataliza a mono-[[ubiquitina|ubiquitinilación]] da [[histona H2A]] na lisina 119 (H2AK119Ub1), bloqueando a actividade da [[ARN polimerase II]] e dando lugar a unha supresión transcricional.<ref name="Christophersen"/> As células nais embrionais con [[knockout de xenes|knockout]] para PcG non se diferencian eficazmente nas tres capas xerminais, e a deleción dos xenes PRC1 e PRC2 produce un incremento da expresión de xenes afiliados a liñaxe e unha diferenciación fóra do programa normal.<ref name="Christophersen"/> Presumiblemente, os complexos PcG son responsables da represión transcricional de xenes que promoven a diferenciación e o desenvolvemento.
 
===== Grupo de proteínas Trithorax (TrxG) =====
Alternativamente, despois de recibiren sinais de diferenciación, as proteínas PcG recrútanse nos promotores de factores de transcrición de pluripotencia. As células nais embrionais deficientes en PcG poden empezar a diferenciarse pero non poden manter o fenotipo diferenciado.<ref name="Christophersen"/> Simultaneamente, os xenes que promocionan a diferenciación e desenvolvemento son activados polos reguladores da cromatina do grupo Trithorax (TrxG) e perden a súa represión.<ref name="Christophersen"/><ref name = "Guenther"/> As proteínas TrxG son recrutadas en rexións con alta actividade transcricional, nas que catalizan a trimetilación da [[histona]] H3 na lisina 4 (H3K4me3) e promoven a activación de xenes por medio da [[acetilación]] de histonas.<ref name = "Guenther"/> As PcG e os complexos TrxG establecen unha competición directa e crese que son funcionalmente antagonistas, creando en [[loci]] que promoven o desenvolvemento e diferenciación, o que se denomina “dominio bivalente” e fan que estes xenes sensibles sufran unha rápida indución ou represión.<ref name = "Meissner">{{Cita publicación periódica |pmid=20944600 |doi=10.1038/nbt.1684 |author=Meissner A |title=Epigenetic modifications in pluripotent and differentiated cells |journal=Nat Biotechnol |year= 2010 |volume=28 |issue=10 |pages=1079–88}}</ref>
 
===== Metilación do ADN =====