Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Polyten chromosome.jpg|miniatura|Cromosoma politénico.]]
[[Ficheiro:Drosophila polytene chromosomes 2.jpg|miniatura|Cromosomas politénicos de ''[[Drosophila melanogaster]]''. Imaxe obtida por contraste de fase. O ''cromocentro'' está no ángulo superior dereito. A frecha sinala o extremo do [[cromosoma X]]. A imaxe ampliada (B) mostra as bandas e as interbandas con maior detalle.]]
Os '''cromosomas politénicos''' son cromosomas que sufriron repetidas duplicacións sen separarse e están formados por centos ou miles de febras ([[cromátidacromátide]]s), propios de certos tecidos dos [[insecto]]s [[díptero]]s.
 
As células das glándulas salivares dos [[insecto]]s da orde dos dípteros presentan [[núcleo celular|núcleos]] que están nunha [[interfase]] permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a [[división celular]] detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos [[tubo de Malpighi|tubos de Malpighi]], nas células nutricias dos [[ovario]]s, no [[epitelio]] intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como [[endomitose]]. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Este proceso denomínase politenización ou politenia.
185.792

edicións