Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 177:
* ''Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros'' <ref>ANÓNIMO (1968): ''Cantigas do viño''. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). ''Aloque'' ou ''aloqueiro'' significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. ''Bucheiro'' pode significar barrigán, tripón; ou pescador de ''bucheiros'', nome local dos muxos.</ref>.
* ''Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros'' <ref>Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. No texto: ''bós''. Segundo Eladio Rodríguez, chámase ''baloqueiro'' á persoa moi aficionada ás ''balocas'' (castañas ou patacas) cocidas.</ref>.
* ''Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón'' <ref> Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172. No texto: ''Noya'', ''Són''.</ref>.
* ''Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño'' <ref>A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. </ref>.
* ''Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa'' <ref>Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. ''Tramalleiros'' son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. No texto: ''Montelouro''. </ref>.