Vida Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{modelo}}
→‎Características: Corrixín unha repetición.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 5:
==Características==
[[Ficheiro:Porta da reitoral de Barcia de Mera 1921.jpg|miniatura|200px|Fotografía da reitoral de [[Barcia de Mera, Covelo|Barcia de Mera]], publicada en ''Vida Gallega'' en 1921.]]
Apareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de [[Xosé Gil Gil|Xosé Gil]], o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía.<ref>Roberto Ribao Fernández, [http://dspace.usc.es/bitstream/10347/2347/1/9788497509374_content.pdf ''A fotografía na revista Vida Gallega : un silandeiro universo de sentido''] 646 páxinas.</ref> Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Sudamérica). Entre os seus colaboradores estiveron [[Roberto Padín Rodríguez]] cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e [[Manuel Lustres Rivas]].
 
Tivo unha segunda época entre [[1954]] e [[1963]] cando [[Xosé Iglesias Presa]] adquire a revista. Nesta etapa editáronse 77 números e estivo dirixida por [[Fabriciano Fernández Serra]]. A fins de 1956 a sede trasladouse á cidade de Lugo.