Metamónadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 32:
 
== Morfoloxía ==
Estes flaxelados son inusuais por careceren de [[mitocondria]]s. No pasado eran considerados os [[Eukarya]] máis primitivos, e coidábase que diverxirandiverxeran do resto antes de que aparecesen as [[mitocondria]]s. Porén, agora sábese que perderon as mitocondrias secundariamente e que conservan os [[orgánulo]]s e [[xene]]s nucleares derivados delas. Os vestixios mitocondriais inclúen orgánulos especiais como os [[hidroxenosoma]]s e os [[mitosoma]]s e, nalgunhas especies, tamén se descubriron xenes mitocondriais no [[xenoma]] nuclear.
 
Todos os subgrupos comparten a posesión de [[flaxelo]]s en grupos característicos de catro, que a miúdo se asocian ao núcleo, formando unha estrutura chamada ''cariomastigonte''. Ademais, os xéneros ''[[Carpediemonas]]'' e ''[[Trimastix]]'' son parentes próximos ás líñasliñas Retortamonadida-Diplomonadida e Oxymonadida, respectivamente. Ambos os dous son formas de vida libre e amitocondriais.
 
''[[Retortamonas]]'' é un [[Retortamonadida]] e ten un único núcleo, dous flaxelos emerxentes e unha fenda de alimentación ventral. ''[[Hexamita]]'' e ''[[Giardia]]'' son [[Diplomonadida]] que presentan dous núcleos e oito flaxelos dispostos en dous grupos iguais de catro flaxelos.<ref name=Silberman>Jeffrey D. Silberman, Alastair G. B. Simpson, Jaroslav Kulda, Ivan Cepicka, Vladimir Hampl, Patricia J. Johnson and Andrew J. Roger, [http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/content/full/19/5/777 Retortamonad Flagellates are Closely Related to Diplomonads—Implications for the History of Mitochondrial Function in Eukaryote Evolution], Molecular Biology and Evolution, 19:777-786 (2002).</ref> Cada núcleo está asociado a un grupo de flaxelos e cun conxunto de [[cinetosoma]]s asociados. ''Hexamita'' ten dous [[citostoma]]s que se abren na parte posterior da célula. ''Giardia'' ten un corpo aplanado ventralmente e dispón dun disco adhesivo soportado por un complexo [[citoesqueleto]]; non presenta citostomas; os dous grupos de flaxelos están dispostos xuntos no centro da célula, entre os dous núcleos.