Percolozoos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: | coauthors = → |autor2= using AWB
Sen resumo de edición
Liña 36:
O estadio ameboide é de forma aproximadamente cilíndrica, e mide entre 20 e 40 [[micron|μm]] de longo. Consideráronse tradicionalmente amebas lobosas (ver [[Amoebozoa]]), pero non están relacionadas con elas e non forman [[pseudópodo]]s lobosos. En vez de por pseudópodos avanzan por ondas eruptivas: aparecen vultos hemisféricos na marxe frontal da célula, que é clara. O estadio flaxelado é lixeiramente máis pequeno, con dous ou catro flaxelos anteriores situados antes da fenda alimenticia.
 
Xeralmente adoptan a forma ameboide cando o alimento é abondoso, entantonamentres que a forma flaxelada se usa para unha rápida locomoción. Porén, non todos os membros do grupo poden adoptar as dúas formas. Nos xéneros ''[[Percolomonas]]'', ''[[Lyromonas]]'', e ''[[Psalteriomonas]]'' só se coñecen formas flaxeladas, e en ''[[Vahlkampfia]]'', ''[[Pseudovahlkampfia]]'', e nos [[acrásido]]s non hai estadios flaxelados. Os acrásidos, en condicións desfavorables, agréganse formando esporanxios. Estes son superficialmente similares aos esporanxios dos [[dictiostélido]]s, pero estas amebas só se agregan individualmente ou en pequenos grupos e non morren ao formaren o pedúnculo.
 
== Historia ==