Piñeiro: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
# un verticilo de 4-20 follas de [[semente]]s ([[cotiledón]]s)
# follas xuvenís nas plantas novas, de 2 a 6 [[centímetro|cm]] de ancho, simples, verdes ou verde-azuladas, dispostas en espiral no rebento. Estas follas permanecen na planta unicamente durante a primeira fase, que pode estenderse de seis meses a cinco anos.
# follas protectoras, que substitúen as anteriores, similares a balanzas, pequenas, pardas e non-fotosintéticas, que se dispoñen coa mesma distribución cás follas
# as follas adultas ou agullas, de cor verde, ([[Fotosíntese|fotosintéticas]]), agrupadas en grupos (fascículos) de entre 2 e 5 agullas (ocasionalmente 1 ou 6). Cada fascículo prodúcese a partir dun pequeno [[rebento]] no eixo dunha folla protectora. As agullas permanecen na planta por espazos que poden ir dende o ano e medio ata os 40 anos, dependendo das especies. Se un rebento fose danado (se o comese un animal, p.ex.), os fascículos de agullas immediatamente inferiores producirán un novo rebento que substitúa o anterior.
Liña 37:
O ritmo de crecemento en espiral das pólas e das agullas e as proporcións das piñas seguen a ratio do [[número de Fibonacci]].
A maioría das sementes son pequenas e teñen ás para que as disperse o vento ([[anemofilia]]), pero algunhas son maiores e posúen unicamente unha á vestixial co que teñen que ser dispersadas polas [[aves]] (''[[Nucifraga caryocatactes]]'', ''[[Nucifraga columbiana]]'', ''[[Gymnorhinus cyanocephalus]]''...) ou por [[esquío]]s. A madurez do cono chega, por regra xeral, cando se abre e libera as sementes, pero nas especies onde as aves son os vehículos de propagación (p.ex. ''[[Pinus albicaulis]]''), é o animal quen debe fender o receptáculo do cono para abrilo. Noutras especies, que dependen de [[incendio forestal|incendios forestais]] para a súa reprodución, o [[lume]] abre unha
== Clasificación ==
Liña 149:
== Distribución ==
Os piñeiros desenvólvense ben nos [[solo]]s acedos e algúns tamén nos solos calcarios; a
Son, na súa maioría, nativos do [[Hemisferio norte]]. En [[América do Norte]], con diversidade máis alta en [[México]] e en [[California]]. En [[Eurasia]], aparecen dende [[Portugal]] e o leste de [[Escocia]] ata o extremo oriental de [[Rusia]], [[Xapón]], norte de [[África]], ou O [[Himalaia]]. Unha especie forma un [[bosque]] de coníferas [[subtropical]], o ''[[Pinus merkusii]]'', que xa cruzou o [[ecuador]] en [[Sumatra]]. Tamén se plantan piñeiros de forma extensiva en moitas áreas do [[hemisferio sur]].
Liña 291:
== Uso ==
[[Ficheiro:Pinus radiata.JPG|miniatura|250px|dereita|[[Piñeiro insigne]] (''Pinus radiata'')]]
O piñeiro é a [[especie]] comercialmente máis importante para a produción de [[madeira]] nas rexións
A [[resina]] dalgunhas especies é importante fonte de [[pez|brea]] da cal se extrae [[trementina]] e outros [[Aceite esencial|aceites esenciais]]. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar. Algunhas especies úsanse como [[árbore de nadal|árbores do nadal]] e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas. Tamén existe unha longa tradición oriental, especialmente na [[China]] e no [[Xapón]], e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os [[bonsai]]s, un termo emprestado do [[Lingua xaponesa|xaponés]].
Liña 301:
{{Commons|Pinus}}
<gallery>
Ficheiro:Procesionaria 1-2.jpg|Procesionaria do piñeiro.
Ficheiro:Pinus nigra cone.jpg|Piña de [[piñeiro negral]] (''[[Pinus nigra]]'').
Ficheiro:Pinus pinaster.jpg|[[Piñeiro bravo]] (''[[Pinus pinaster]]'') .
Ficheiro:PinusSylvestris.jpg|[[Piñeiro rubio]] (''[[Pinus sylvestris]]'').
Ficheiro:Halep.jpg|Piñas de [[piñeiro carrasco]] (''[[Pinus halepensis]]'').
Ficheiro:Flor do piñeiro.jpg|[[Flor]] masculina do [[piñeiro bravo]] (''[[Pinus pinaster]]'').
Ficheiro:Pinus radiata leaves.JPG|[[Piñeiro insigne]] (''[[Pinus radiata]]'').
Ficheiro:Thaumetopoea pityocampa Galiza.jpg|''[[Thaumetopoea pityocampa]]'', [[procesionaria]] en Galiza.
</gallery>
|