Tailandia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
O contido da páxina foi eliminado
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
{{País
| nome_oficial = Reino de Tailandia
| nomes_alternativos = ราชอาณาจักรไทย
''Ratcha Anachak Thai''
| nome_curto = Tailandia
| de = de
| imaxe_bandeira = Flag of Thailand.svg
| imaxe_escudo = Garuda Emblem of Thailand.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 80px
| imaxe_mapa = Thailand (orthographic projection).svg
| lema_nacional = ชาติ ศาสนา พระมหากษัตริย์
([[lingua tailandesa|Tailandés]]: Nación, Relixión, Rei; ''Non oficial'')
| himno_nacional = Phleng Chat
| ficheiro_himno_nacional = Thai National Anthem - US Navy Band.ogg
| capital = [[Bangkok]]
| capital_poboación = 8 280 925 (2010)
| cidade_principal = [[Bangkok]]
| idiomas = [[Lingua tailandesa|Tailandés]]
| goberno = [[Monarquía constitucional]]
| dirixentes_títulos = [[Rei]]
[[Primeiro Ministro de Tailandia|Primeiro Ministro]]
| dirixentes_nomes = [[Bhumibol Adulyadej]]
[[Prayut Chan-o-cha]]
| fundación = Formación
| fundación_fitos = • Reino de Sukhothai
• Reino de Ayutthaya
• Reino de Thonburi
• Reino Rattanakosin
• Mon. constitucional
| fundación_datas = [[1238]]–[[1448]]
[[1351]]–[[1767]]
[[1768]]–[[1782]]
[[6 de abril]] de [[1782]]
[[24 de xuño]] de [[1932]]
| superficie = 513 120
| superficie_posto = 51
| superficie_auga = 0,4
| fronteiras = 4 863
| costas = 3 219
| poboación = 66 720. 153
| poboación_ano = 2011 est.
| poboación_posto = 20
| poboación_densidade = 130,03
| PIB = 701 554 millóns [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB_ano = 2013
| PIB_posto = 24
| PIB_per_cápita = 10 849 [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB_nominal= 424 985 millóns [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB_nominal_ano = 2013
| PIB_nominal_posto = 29
| PIB_nominal_per_cápita = 6 572 [[Dólar estadounidense|US$]]
| IDH = 0,682
| IDH_ano = 2013
| IDH_posto = 103
| IDH_categoría = Medio
| moeda = [[Baht]]
| moeda_símbolo = ฿
| moeda_iso = THB
| xentilicio = Tailandés, tailandesa
| horario = [[UTC]]+7
| horario_verán =
| cctld = .th
| código_telefónico = 66
| prefixo_radiofónico = HSA-HSZ, E2A-E2Z
| código_ISO = 764 / THA / TH
| membro_de = [[ONU]], [[ASEAN]], [[APEC]]
| notas=

'''Tailandia''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: ประเทศไทย, ''Prathet Thai'') oficialmente '''Reino de Tailandia''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: ราชอาณาจักรไทย, ''Ratcha Anachak Thai''; {{Audio|Th-pratheidthai raachaanaajakthai.ogg|[râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj]}}), antigamente coñecido '''Siam''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: สยาม, ''Sayam''), é un país situado no centro da península [[Indochina]] no [[Sueste asiático]]. Comparte fronteiras ao norte con [[Myanmar]] e [[Laos]], ao leste con Laos e [[Cambodja]], ao sur co [[Golfo de Tailandia]] e [[Malaisia]], e ao oeste co [[Mar de Andamán]] e o extremo meridional [[Myanmar|birmano]]. As súas fronteiras marítimas inclúen [[Vietnam]] no Golfo de Tailandia ao sueste, e [[Indonesia]] e a [[India]] no Mar de Andamán ao suroeste.

O país réxese por unha [[monarquía constitucional]] encabezada polo Rei [[Bhumibol Adulyadej|Rama IX]], noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano [[1946]]. Isto convérteo no [[xefe de estado]] máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia.<ref name="longestthai">{{cita web|ano=1996 |url=http://www.worldhop.com/Journals/J5/ROYAL.HTM |título=A Royal Occasion speeches|editor=Worldhop.com Journal|dataacceso=[[17 de xuño]] de[[2013]]|lingua=inglés}}</ref> O Rei de Tailandia posúe os cargos de [[Xefe de Estado]], Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do [[Budismo]] e Defensor das relixións.<ref>{{cita web|url=http://www.senate.go.th/th_senate/English/constitution2007.pdf|título=Constitution of the Kingdom of Thailand B.E 2550|author=The Secretariate of the House of Representatives|editor=The Secretariate of the House of Representatives|ano= [[2007]]|dataacceso=[[17 de xuño]] de [[2013]]|lingua=inglés}}</ref>

Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado [[Lista de países por superficie|máis grande do mundo]] en canto á súa área total e e 20º [[Lista de países por poboación|máis poboado]] con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é [[Bangkok]], centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe [[China|chinesa]] e o 3% [[malaia]];<ref name=CIA>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/th.html Thailand], CIA World Factbook.</ref> o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a [[lingua tailandesa|tailandesa]] e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O [[calendario]] oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do [[calendario gregoriano]].

Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre [[1985]] e [[1996]], sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O [[turismo]] tamén contribúe significativamente á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén a certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.

== Etimiloxía ==
Até o [[23 de xuño]] de [[1939]] o nome oficial do país era [[Siam]] (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: สยาม, ''Sayam''; [sàjǎːm]),<ref name="ThaiCSM">[http://www.csmngt.com/thailand_history.htm Thailand (Siam) History], CSMngt-Thai.</ref> sendo entón cambiado ao actual nome de Tailandia. Entre [[1945]] e o [[11 de maio]] de [[1949]] volveu adoptar o antigo nome Siam. Escrito ás veces tamén ''Siem'', ''Syâm'' ou ''Syâma'', a palabra é ás veces sido asociada ao [[sánscrito]] ''Śyâma'' (श्याम, é dicir "escuro" ou "marrón"), ao igual que os termos Shan e A-hom, máis é bastante probable que esta non sexa a orixe real do termo, senón unha deformación artificial.<ref>{{cita libro|autor=Eliot, Charles|título=The Project Gutenberg EBook of Hinduism and Buddhism, An Historical Sketch, Vol. 3 (of 3)|editor=Routledge & Kegan Paul Ltd.|ano=1921|localización= Londres|lingua=inglés}}</ref>

A orixe do termo ''Thai'' (ไทย) non está clara. Para algúns deriva da palabra ''Tai'' (ไท), cuxo significado na [[lingua tailandesa]] é "independencia", mais é tamén o nome dun grupo étnico das chairas centrais. Un famoso erudito tailandés argumentou que Tai (ไท) simplemente significa "xente" ou "ser humano", xa que na súa investigación atopou que nalgunhas áreas rurais a palabra "Tai" era utilizada en lugar da palabra tailandesa habitual para xente, "kon" (คน).<ref>Phumisak, Jid (1976). ''Coming Into Existence for the Siamese Words for Thai, Laotian and Khmer and Societal Characteristics for Nation-names'')</ref>

Os tailandeses utilizan a expresión "terra da xente ceibe" para expresar o seu orgullo polo feito de que Tailandia é o único país do [[Sueste Asiático]] que non foi colonizado nunca por unha potencia [[Europa|europea]]. Mentres que a maioría dos tailandeses refírense formalmente ao seu país como ''Prathet Thai'' (ประเทศไทย), a forma máis común é o termo coloquial ''Mueang Thai'' (เมืองไทย) ou simplemente ''Thai'' (ไทย); a palabra ''mueang'' (เมือง) significa nación, pero é comunmente utilizada para referirse a unha cidade ou vila. ''Ratcha Anachak Thai'' (ราชอาณาจักรไทย) significa "Reino de Tailandia" ou "Reino dos Tai".

Etimoloxicamente os seus compoñentes son: ''-Ratcha-'' (do [[sánscrito]] ''raja'', que significa "rei, real, reino"); ''-ana-'' (do [[Lingua Pāli|pāli]] ''āṇā'', "autoridade, mando, poder", igualmente do sánscrito ''ājñā'', co mesmo significado) ''-chak'' (do sánscrito ''cakra'' ou ''cakraṃ'' co significado de "roda", un símbolo de poder e goberno). O [[Phleng Chat|Hinmno nacional Teilandés]] (เพลงชาติ), composto e escrito por Peter Feit durante os extremadamente patrióticos anos [[1930]],refírese á nación Tai como: prathet-thai (ประเทศไทย). O primeiro verso do himno é: ''prathet thai ruam lueat nuea chat chuea thai'' (ประเทศไทยรวมเลือดเนื้อชาติเชื้อไทย), traducido en [[1939]] por Luang Saranuprabhandi como: "Tailandia é a unidade do corpo e do sangue Tai".

== Historia ==
=== Historia antiga ===
[[Ficheiro:WaterBuffaloLopburiThailand2300BCE.jpg|thumb|left|[[Búfalo|Búfalo acuático]] de barro de Lopburi. Ano 2300 a.C.]]
Antes da migración ao sur do pobo Tai dende [[Yunnan]] (actual [[China]]) no [[século X]], a [[península Indochina]] era o fogar de diferentes comunidades indíxenas animistas xa facía máis 500.000 anos. O descubrimento de fósiles de [[Homo erectus]], como o home [[Provincia Lampang|Lampang]], confirman esta teoría. Estes restos do [[plistoceno]], descubertos por medio de escavacións na provincia de Lampang, foron datados de hai uns 1.000-500.000 anos.

O [[sitio arqueolóxico]] máis grande atopado en Tailandia é Ban Chiang. Aínda que a datación dos restos arqueolóxicos deste sitio non é sinxelo, probas de termoluminiscencia arroxan que sería dun período comprendido entre o 4420 e o 3400 a.C. Outros xacementos [[neolítico]]s importantes son o de Wang Bhodi e o da Cova do Espírito. Hai que afirma que a [[Idade do Bronce]], período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da aliaxe de [[cobre]] e [[estaño]], apareceu de forma temperá en Tailandia, ao redor do 5000 a.C. No xacemento de Ban Chiang, os artefactos de bronce descubertos datan do [[-2000|2100 a.C.]] A primeira tumba atopada data aproximadamente da mesma data. Co desenvolvemento das ferramentas de bronce e o cultivo do [[arroz]] húmido, impulsouse á creación de organizacións sociais e políticas.

Ao redor do [[século -I|século I a.C.]], segundo a [[epigrafía]] Funan e rexistros de historiadores chineses, parece ser que certos asentamentos comerciais do sur organizáronse en estados [[Malaia|malaios]], algúns dos cales se cre que son Langkasuka e Tambralinga. Atopáronse tamén probas de que algúns destes asentamentos comerciais comerciaban cos [[Roma Antiga|romanos]], como por exemplo a moeda de ouro do emperador [[Antonino Pío]] ([[161|161 d.C.]]) atopada no sur de Tailandia.

Posteriormente as civilizacións Malaia, Mon e Khmer floreceron na zona anterior á dominación dos Tai, especialmente o reino de Srivijaya no sur, o reino Dvaravati no central e o imperio Khmer fundado en [[Angkor]]. As migracións da China meridional cara o [[Sueste Asiático]] tiveron lugar maioritariamente durante o primeiro milenio, probablemente a través do norte de [[Laos]]. Por iso, até o [[século XIII]] sábese pouco acerca de Tailandia. Debido a estas migracións, a [[cultura]] tailandesa estivo tradicionalmente influída polas culturas da [[China]] e da [[India]], aínda que se xeraron diferentes culturas autóctonas.

=== Idade Media ===
{{VT|Sukhothai|Ayutthaya}}
[[Ficheiro:WatChaiwatthanaram 2292.JPG|thumb|Ruínas de Wat Chaiwatthanaram en [[Ayutthaya]].]]
Durante o [[século XIII]] os tai fundaron diversas [[Cidade-Estado|cidades-estado]] e [[principado]]s. O reino [[Budismo|budista]] de [[Sukhothai]] é considerado convencionalmente como o primeiro estado Thai na rexión. Fundado en [[1238]], a súa xerminación coincide no tempo coa etapa final do Imperio khemer, entre os [[século XIII|séculos XIII]] e [[século XV|XV]]. Un século máis tarde, a mediados do XIV, o reino de [[Ayutthaya]] substitúe a Sukhothai como potencia dominante en Siam. Tralo saqueo de [[Angkor]] por Ayutthaya en [[1431]], gran parte da corte khemer é obrigada a exiliarse en Ayutthaya, levando consigo os seus rituais e costumes de inspiración [[hinduísmo|hindú]], moitos dos cales son asimilados posteriormente pola cultura Ayutthaya.

As potencias europeas comezan a estabelecer contactos con Tailandia a partir do [[século XVI]]. En [[1609]] os [[Países Baixos|neerlandeses]] iniciaron relacións co Reino de Ayutthaya, e pouco despois os británicos non tardaron en seguir os seus pasos. O rei Narai ([[1657]]-[[1688]]) cedeu o poder de tomar as decisións comerciais ao aventureiro [[Grecia|grego]] Constantinos Phaulkon, quen decidiu conceder o mercado das especias aos [[Francia|franceses]]. Ambas nacións forxaron boas relacións, chegando mesmo a un acordo para que o Reino de Ayutthaya enviase embaixadores a [[París]]. Porén, cando as tropas francesas desembarcaron en Bangkok, unha rebelión popular impediu o acordo comercial. Foran os propios neerlandeses os que fomentaran a rebelión, xa que se opuñan ao monopolio das especias por parte dos galos. Pouco tempo despois os franceses tentaron converter ao rei Narai ao [[cristianismo]], mais ao morrer este en [[1688]], foron expulsados e Phaulkon executado.

Despois de máis de 400 anos de dominio, en [[1767]] o reino de Ayutthaya caeu ante a invasión do exército [[Birmania|birmano]]. A súa capital foi incendiada e o territorio foi dividido. O xeneral Taksin logrou reunir o reino tailandés dende a súa nova capital, [[Thonburi]], e declarouse rei en [[1769]]. Porén, Taksin supostamente toleou e foi deposto, feito prisioneiro e executado en [[1782]]. O xeneral Chakri sucedeuno en [[1782]] co nome de [[Rama I]], o primeiro rei da casa Chakri.

=== O Reino Ratthanakosin ===
[[Ficheiro:Buddha Yodfa Chulaloke portrait.jpg|thumb|left|130px|Rama I.]]
Rama I estabelece a capital de Siam en [[Bangkok]], a beiras do río Chao Phraya na marxe oposta de Thonburi, e funda o actual Reino Rattanakosin, tradicional cuarto reino histórico de Tailandia. Birmania foi finalmente derrotada en [[1790]] e obrigada a retirarse de Siam. Unha vez estabelecido o reino, a principal preocupación dos herdeiros de Rama I foi a ameaza do colonialismo europeo despois das vitorias británicas en territorio birmano en [[1826]]. Con todo, pesar da presión europea, Tailandia conseguiu ser o único país do [[sueste asiático]] que nunca foi colonizado por unha potencia europea, sendo a explicación principal deste feito que, durante todo o [[século XIX]], Tailandia contou cunha recua de hábiles gobernantes, demostrando unha enorme capacidade para utilizar a rivalidade franco-británica na rexión sen queimarse. Como resultado, o país adquiriu o status de ''estado tampón'' entre os países baixo dominio francés ([[Indochina]]) e baixo dominio [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|británico]] ([[Birmania]] e a [[India]]).

O primeiro recoñecemento dunha potencia occidental na rexión foi o Tratado de Amizade e Comercio co [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]] en [[1826]]. En [[1833]] os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] iniciaron contactos diplomáticos con Siam. Porén foi durante reinados posteriores, os de [[Mongkut]] (Rama IV, [[1851]]-[[1868]]) e o seu fillo [[Chulalongkorn]] (Rama V, [[1868]]-[[1910]]), cando estabeleceu un verdadeiro achegamento coas potencias occidentais. A pesar da súa independencia, a influencia occidental provocou durante este período que se producisen algúns cambios. O tratado anglo-siamés de [[1909]] estabeleceu a fronteira moderna entre Siam e a [[Malaisia]] británica e unha serie de tratados con [[Francia]] fixaron as fronteiras orientais con [[Laos]] e [[Cambodja]], territorios anteriormente controlados e reclamados por Siam.

=== A fin da monarquía absoluta ===
{{VT|Guerra Franco-Tailandesa}}
[[Ficheiro:King Ananda Mahidol portrait photograph.jpg|thumb|Ananda Mahidol (Rama VIII).]]
En [[1932]], unha revolución esparexemento de sangue resultou no establecemento dunha [[monarquía constitucional]]. O Rei [[Prajadhipok]] (Rama VII) aceptou inicialmente o cambio, mais logo abdicou en favor do seu sobriño de dez anos [[Ananda Mahidol]] (Rama VIII). Ao abdicar, Prajadhipok dixo que a obrigación dun gobernante era reinar para o ben de toda a xente e non dunha selecta minoría. O [[8 de decembro]] de [[1941]], poucas horas despois do ataque a [[Pearl Harbor]], o Xapón esixiu o dereito de trasladar tropas a través de Tailandia á fronteira malaia. Os xaponeses desembarcaron en Bangkok e outros lugares ao longo da costa leste, onde se enfrontaron ao exército tailandés entre seis e oito horas antes de renderse. Tras varias negociacións, Tailandia concédelle ao Xapón o dereito de libre tránsito polas súas froiteiras, para días despois, o [[21 de decembro]], asinar unha alianza cun protocolo secreto. Este protocolo estabelecía que [[Toquio]] acordaba axudar a Tailandia a recuperar territorios perdidos ante as potencias coloniais, mentres que pola súa banda Tailandia daría asistencia ao Xapón na súa guerra contra os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]].

Despois da derrota do Xapón en [[1945]], Tailandia foi tratada como un país derrotado polos británicos e franceses, aínda que coa axuda dun grupo de tailandeses coñecido como Seri Thai e o apoio dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] mitigáronse as consecuencias. Tailandia non sería ocupada por estes, mais debería devolver o territorio obtido dos británicos e os franceses. No período da post-guerra, Tailandia gozou de boas relacións cos estadounidenses, aos que viu como un protector ante as [[revolución]]s [[Comunismo|comunistas]] sucedidas nos países veciños.

En [[1946]] falece o rei Mahidol en circunstancias algo misteriosas. A explicación oficial foi que se disparou accidentalmente mentres limpaba a súa arma, aínda que hai que cre que se suicidou ao non poder soportar a derrota do Xapón na guerra. O seu sucesor sería o seu irmán [[Bhumibol Adulyadej]] (Rama IX), quen segue a ser o [[Xefe de Estado]] actualmente. En [[1947]] o novo rei asina e promulga unha nova constitución polo que se crea un novo parlamento de dúas cámaras: o Senado e a Casa de Representantes. Dende entón, Tailandia estivo dominada por militares, experimentando máis de vinte golpes de estado e contragolpes, con intervalos breves de democracia. Despois de que en [[1962]] a revolución comunista triunfase no norte do país, Estados Unidos colaborou co goberno de Bangkok contribuíndo a reforzar o exército e a policía e establecendo bases militares, as cales non foron evacuadas até [[1976]]. Por mor disto Tailandia sufriu numerosos roces con [[Cambodja]] e viuse comprometida no [[Guerra do Vietnam|conflito vietnamita]].

=== A Revolución de 1973 ===
[[Ficheiro:Democracy monument, Bangkok, Thailand.jpg|thumb|300px|Monumento á Democracia en [[Bangkok]], consturído en [[1940]] conmemora a fina da monarquía absoluta en [[1932]]. Foi escena de manifestacións masivas en [[1973]], [[1976]], [[1992]] e [[2010]].]]
En [[outubro]] de [[1973]] producíronse [[manifestación]]s masivas en [[Bangkok]] esixindo o fin do réxime militar. O xeneral Thanom Kittikachorn respondeu con forza e até setenta manifestantes foron asasinados as rúas, algo nunca visto en Tailandia. Esta intervención violenta do réxime militar incitou ao Rei [[Rama IX]] a facer a súa primeira intervención na política tailandesa retirando o seu apoio ao réxime militar. O [[14 de outubro]] de [[1973]], o xeneral [[Thanom Kittikachorn]] dimitiu e abandonou o país. Estes acontecementos reveláronse como unha revolución dentro da política tai. Por primeira vez, a burguesía urbana, dirixida polos estudantes, derrotara ás forzas combinadas da vella clase reinante e do exército, á vez que gañaran a bendición aparente do Rei para realizar unha transición cara a plena democracia, simbolizada por unha nova Constitución que prevía unha [[lexislatura]] totalmente democrática elixida.

Con todo, Tailandia non producira aínda unha clase política suficiente como para facer funcionar esta nova democracia. As eleccións de [[xaneiro]] de [[1975]] non produciron unha maioría estable e unha nova elección en abril de [[1976]] tivo os mesmos resultados. O veterano político Seni Pramoj e o seu irmán Kukrit Pramoj alternáronse no poder, mais non foron capaces de crear unha reforma coherente do sistema político. A forte subida dos prezos do petróleo en [[1974]] levou a unha recesión e á inflación, debilitando a posición do goberno. O xesto político máis popular realizado na democracia foi o fixar a retirada das forzas americanas de Tailandia. Isto coincidiu coa abolición da monarquía de 600 anos en [[Laos]] e a vitoria comunista en [[Vietnam]]. Con todo, os conservadores obtiveron mellores resultados nas eleccións de [[1976]] que os que tiveran nas de [[1975]]. A esquerda do movemento estudantil non aceptou esta vitoria e continuaron manifestándose a favor de cambios radicais.

A finais de [[1976]], a opinión da burguesía moderada volveu as costas aos ideais dos estudantes da Universidade Thammasat. O exército e os partidos de dereitas loitaron contra os estudantes con grupos paramilitares tales como os "Exploradores de Pobos" ou o "Red Gauss". En outubro, cando o ditador Kittikachorn volve a Tailandia para entrar nun [[mosteiro]], as manifestacións de estudantes chocaron contra os contramanifestantes e axentes dos servizos de intelixencia resultando en violencia. O [[6 de outubro]], o exército enviou aos paramilitares contra os manifestantes e utilizou isto, na cal centenares de estudantes foron torturados e asasinados, para suspender a Constitución e retomar o poder.

=== Historia recente ===
{{VT|Terremoto do Océano Índico 2004|Golpe de Estado en Tailandia en 2006}}
[[Ficheiro:Thaksin DOD 20050915.jpg|thumb|left|[[Thaksin Shinawatra]].]]
Os anos posteriores a [[1973]] estiberon marcados polas loitas para definir as políticas do Estado. Durante a maior parte da década de [[1980]], Tailandia foi gobernada por [[Prem Tinsulanonda]], un home de forte inclinación democrática que restaurou a política parlamentaria. En [[1992]] o último gobernante militar, [[Suchinda Kraprayoon]], renunciou ao poder en resposta a grandes protestas populares apoiadas polo rei. Dende entón, Tailandia é unha democracia participativa moderna. En [[1997]], a crise financeira asiática castigou con dureza a Tailandia. O valor do [[baht]] tailandés caeu en picado, de 25 bahts por [[Dólar estadounidense|dólar]] pasou a 56. Mais superou a crise e o crecemento do seu PIB no [[2003]] foi do 7%.

En [[2001]], [[Thaksin Shinawatra]], do partido Thai Rak Thai (พรรคไทยรักไทย, lit. Os tailandeses aman aos tailandeses; TRT) convértese en [[Primeiro Ministro]] tras gañar as eleccións celebradas ese mesmo ano e en [[2005]] renova o seu mandato por outros catro anos. Shinawatra era moi popular entre as clases máis pobres tanto urbanas como rurais por mor dos seus programas [[populismo|populistas]]. O seu goberno foi atacado polas elites que vían perigo na súa ditadura parlamentaria. Con todo, durante este período aumentan as acusacións de, entre outras cousas, coacción da liberdade de prensa, compra de votos, utilización do poder para favorecer ás súas empresas, abusos policiais na guerra contra o narcotráfico e incapacidade de frear a insurxencia islamita do sur do país. A mediados de [[2005]], Sondhi Limthongkul, un coñecido magnate dos medios de comunicación, converteuse no crítico máis importante de Thaksin. Finalmente Sondhi e os seus aliados crearon un movemento de protesta masiva máis tarde unificado baixo o nome de Alianza Popular pola Democracia (PAD).

En abril de [[2006]] vólvense celebrar eleccións e Thaksin revalida de novo o cargo. Porén, tralo boicot da oposición ao novo goberno, a Corte Suprema sentencia a anulación dos resultados electorais e a convocatoria dunha nova cita electoral. O [[19 de setembro]] de [[2006]], despois da disolución do Parlamente e estando Thaksin en [[Nova York]], os militares do autodenominado "Consello para a Reforma Democrática" (คณะปฏิรูปการปกครองในระบอบประชาธิปไตย อันมีพระมหากษัตริย์ทรงเป็นประมุข, ''Khana Patirup Kan Pok Khrong Nai Rabop Prachathipatai An Mi Phra Maha Kasat Song Pen Pramuk''), baixo o mando de Sondhi Boonyaratglin, toman o poder cun [[golpe de estado]]. Unhas eleccións xerais o [[23 de decembro]] de [[2007]] restauraron o goberno, liderado por Samak Sundaravej do Partido do Poder do Pobo (พรรคพลังประชาชน, ''Phak Palang Prachachon'').

A mediados de [[2008]], a Alianza Popular para a Democracia (PAD) liderou as grandes protestas contra o goberno do primeiro ministro Sundaravej, a quen criticou polos seus vínculos co ex primeiro ministro Shinawatra. O [[26 de agosto]] de [[2008]], os manifestantes ocuparon ilegalmente varios ministerios para obrigar ao goberno a ceder ás demandas. A partir do [[29 de agosto]] os manifestantes comezaron a interromper infraestruturas ferroviarias e aéreas, incluíndo o aeroporto de Suvarnabhumi. Os manifestantes non foron nunca perseguidos. O caos terminou en decembro, cando se foron disoltos tres dos partidos que formaban o goberno polo Tribunal Constitucional debido a un fraude electoral. Despois desta sentenza, moitos dos socios da anterior coalición desertaron e sumáronse ao principal partido da oposición, o Partido Demócrata. O [[3 de xullo]] de [[2011]], o partido da oposición Pheu Thai [[Eleccións xerais de Tailandia de 2011|gañou as eleccións xerais]], converténdose en Primeira Ministra de Tailandia [[Yingluck Shinawatra]], irmá do derrocado [[Thaksin Shinawatra]].

== Xeografía ==
Cun total de 513.120 [[quilómetro cadrado|km²]] (198.120 [[milla]]s cadradas), Tailandia é o 51º Estado [[Lista de países por superficie|máis grande do mundo]] por mor da súa [[superficie]] total. Situada no centro do [[sueste asiático]], a posición de Tailandia como eixo da zona influenciou moitos aspectos da súa sociedade e da súa cultura, xa que controla o único paso terrestre dende [[Asia]] até [[Malaisia]] e [[Singapur]].

=== Relevo ===
[[Ficheiro:Naphamethinidon, Naphaphonphumisiri near summit of Doi Inthanon.jpg|thumb|left|Pagodas preto do cumio do Doi Inthanon.]]
Tailandia alberga varias rexións xeográficas únicas, as cales se corresponden aproximadamente ás divisións provinciais. O [[Tailandia do Norte|norte do país]] é a montañosa zona das Terras Altas tailandesas, sendo punto máis alto o [[Doi Inthanon]] na cordilleira Thanon Thong Chai con 2.565 [[msnm|metros sobre o nivel do mar]] (8.415 [[Pé (medida)|pés]]). O nordés, [[Isan]], consta da Meseta de Khorat e limita ao leste co [[río Mekong]]. O [[Tailandia Central|centro do país]] está dominado polo val do [[río Chao Phraya]], o cal desemboca no [[Golfo de Tailandia]].

O [[Tailandia do Sur|sur de Tailandia]] consiste no estreito [[istmo de Kra]], o cal se ensancha na [[península Malaia]]. Politicamente, hai seis rexións xeográficas que se diferencian das outras na poboación, os recursos básicos, características naturais e o nivel de desenvolvemento social e económico.

Unha serie de cordilleiras percorren o país de norte a sur, ocupando toda a parte setentrional e occidental. As maiores elevacións danse nos sistemas montañosos que se prolongan cara ao oeste ao longo da fronteira [[Myanmar|birmana]], chegando a súa altitude até os 2.595 m do Doi Inthanon, punto máis alto da Tailandia. A zona da península Malaia está rodeada por estreitas mesetas costeiras e chegan á súa cota máis elevada en Jao Luang (1.790 m). No centro da Tailandia aparece outro sistema montañoso que discorre en dirección norte-sur, aínda que o seu extremo meridional torce cara ao oeste. Doi Pia Fai (1.270 m) é o punto máis elevado deste sistema. No leste do territorio continental atópase a meseta de Khorat, unha zona estéril con escasos cumios e que ocupa aproximadamente un terzo da superficie do país, ficando limitada esta área polo val do [[río Mekong]].<ref>{{cita web|autor=Buchot, Emmanuel|url=http://www.voyagesphotosmanu.com/geografia_de_tailandia.html|editor=Carnet Photographique|título=Relevo de Tailandia|lingua=castelán|dataacceso=[[23 de setembro]] de [[2011]]}}</ref>

=== Hidrografía ===
[[Ficheiro:Wat Arun Bangkok View Photo D Ramey Logan.jpg|thumb|O [[río Chao Phraya|Chao Phraya]] atravesando [[Bangkok]].]]
[[Ficheiro:Thailand BMNG.png|thumb|O [[Golfo de Tailandia]].]]
Os ríos [[río Chao Phraya|Chao Phraya]] e [[río Mekong|Mekong]] son o principal recurso das zonas rurais de Tailandia, xa que produción dos cultivos céntrase nas marxes destes dous ríos e os seus afluentes. O [[Golfo de Tailandia]], que abarca 320.000 km² (124.000 millas cadradas) é alimentado polos ríos Chao Phraya, Mae Klong, Chupar Pakong e Tapi. Esta zona contribúe de xeito importante tamén co sector turístico, debido ás súas augas pouco profundas ao longo das costas da [[Tailandia do Sur|Rexión Sur]] e o [[Istmo de Kra]]. O Golfo de Tailandia é tamén un dos centros industriais do país, destacando o porto de [[Sattahip]], o principal do reino, e a entrada do porto de [[Bangkok]].

O [[mar de Andamán]] está considerado o recurso natural máis prezado de Tailandia, xa que alberga os resorts máis populares e e luxosos de [[Asia]]. [[Provincia de Phuket|Phuket]], [[Provincia de Krabi|Krabi]], [[Provincia de Ranong|Ranong]], [[Provincia de Phang Nga|Phang Nga]] e [[Provincia de Trang|Trang]], xunto coas súas exuberantes illas, esténdense ao longo das costas deste mar, patio de recreo dos ricos e a elite asiática e mundial, a pesar do [[Terremoto do Océano Índico 2004|tsunami de 2004]].

Alén diso hai plans para a creación dunha conexión loxística entre o [[mar de Andamán]] e o [[Golfo de Tailandia]]. Este proxecto coñécese, de forma análoga ás canles de [[Canle de Suez|Suez]] e a [[Canle de Panamá|Panamá]], co nome de Canle de Tailandia. Esta idea é recibida positivamente pola clase política tailandesa, xa que reduciría as taxas cobradas polos portos de [[Singapur]], melloraría as relacións coa [[China]] e a [[India]], os tempos de envío serían máis baixos, aumentaría a seguridade dos buques debido aos temidos [[pirata]]s do estreito Malaio e apoiaría a política do Goberno de Tailandia de ser o centro loxístico do [[sueste asiático]]. A canle sería un gran proxecto de enxeñaría cuns custos estimados de entre 20 e 30 mil millóns de dólares.

=== Clima ===
Tailandia ten un [[clima tropical]] no que se dá o [[monzón]]. As [[temperatura]]s normalmente varían dende unha máxima anual media de 38 °C a unha mínima de 19 °C. Os monzóns do suroeste danse entre maio e xullo (excepto no sur) e sinalan a chegada da época das choivas (''ridu fon''), acompañadas con elevadas temperaturas, que duran até outubro. Novembro e decembro son o comezo da estación seca. As temperaturas comezan a subir en xaneiro.

A estación seca é máis curta no sur debido á proximidade do mar en tódalas zonas da [[península Malaia]]. Con poucas excepcións, tódalas áreas do país reciben choiva en abundancia, aínda que a duración da estación das choivas e a cantidade de choiva varían moi substancialmente segundo a rexión e a altitude. O nordés ten unha estación seca longa e a súa terra porosa retén pouca auga, polo que o seu potencial agrícola vese limitado.

=== Biodiversidade ===
As xunglas e zonas pantanosas esténdense por todas as áreas costeiras con enormes zonas de árbores tropicais, entre as que se encontran [[mangleiro]]s, [[xunco]]s de Indias, ébano e distintas especies de madeiras de gran resistencia, como o mesquite ou o pau de rosa. As zonas das terras altas e das mesetas albergan tamén zonas con bastantes especies de árbores, destacando a [[Tectona grandis|teca]], o [[agalloch]] e o [[carballo (árbore)|carballo]]. Tamén hai unha gran variedade de plantas e árbores froiteiras tropicais como [[orquídea]]s, [[gardenia]]s, [[hibisco]]s, [[banana|bananeiras]], [[Mangifera indica|mangueiras]] e [[coco]]s. Entre as especies animais encóntrase o [[elefante]], que se utiliza como animal de carga, ademais de cuadrúpedes como [[rinoceronte]]s, [[tigre]]s, [[leopardo]]s, [[Vaca|bois]] salvaxes, [[xibón]]s e [[Bubalus bubalis|búfalos]]. O [[gato]] siamés é, como o seu nome indica, orixinario desta terra. No país hai máis de cincuenta clases de [[serpente]]s, sendo moitas delas velenosas.<ref>{{cita web|autor=Buchot, Emmanuel|url=http://www.voyagesphotosmanu.com/fauna_flora_tailandia.html|título=Flora y fauna de Tailandia|editor=Carnet Photographique|lingua=castelán|dataacceso=[[23 de setembro]] de [[2011]]}}</ref>

== Política e goberno ==
Durante a vixencia da Constitución de [[1997]] o sistema político estaba baseado nunha [[monarquía constitucional]], cos [[Separación de poderes|poderes do Estado separados]] ao modo [[Occidente|occidental]], no que a figura do [[Monarca]], como [[Xefe de Estado]], tiña unha función representativa aínda que era, ao mesmo tempo, o defensor do [[budismo]] tai. O [[poder lexislativo]] residía na Asemblea Nacional de Tailandia, un sistema bicameral composto polo Sapha Phuthaen Ratsadon (Cámara Baixa), que consistía nunha Cámara de Representantes con 500 escanos, e no Wuthisapha (''Senado'') con 200 escanos. Os membros de ambas as cámaras eran elixidos por sufraxio universal. O [[poder xudicial|máis alto nivel xudicial]] ocupábao o Tribunal Supremo ou Sandika, cuxos xuíces eran designados polo monarca. O [[poder executivo]] formábao un [[Primeiro Ministro]] e un goberno de 26 membros que respondía ante a Asemblea Nacional.

[[Ficheiro:King Bhumibol Adulyadej 2010-9-29.jpg|thumb|left|135px|[[Bhumibol Adulyadej]].]]
O [[19 de setembro]] de [[2006]], as forzas do Real Exército Tailandés tomaron [[Bangkok]] nun [[golpe de estado]] que derrocou ao Primeiro Ministro [[Thaksin Shinawatra]]. A Xunta Militar que formaron os golpistas estivo presidida polo xeneral Sonthi Boonyaratglin que aboliu a Constitución, disolveu os poderes executivo, xudicial e lexislativo, impuxo a [[lei marcial]] e prohibiu as actividades políticas, estabelecendo ademais a censura de prensa e o control das comunicacións. Os argumentos que esgrimiron os golpistas foi a grave crise do sistema político como consecuencia de presuntas irregularidades financeiras do Primeiro Ministro deposto.
Tras un breve período, o Consello para a Reforma Democrática (nome co que se autodenominou a Xunta Militar), obtivo o beneplácito do Rei [[Bhumibol Adulyadej]] e nomeou un novo poder executivo, así como ditou unha Constitución provisional. O novo Primeiro Ministro dende o [[1 de outubro]] foi o xeneral Surayud Chulanont. O mesmo día entrou en vigor un texto constitucional provisional que mantiña a monarquía, aínda que reservando para a Xunta Militar, denominada Consello de Seguridade Nacional, a facultade de modificar o goberno e de elixir a Asemblea Constituínte, a cal tiña que redactar no prazo dun ano un novo texto constitucional.

[[Ficheiro:Yingluck Shinawatra at US Embassy, Bangkok, July 2011.jpg|thumb|[[Yingluck Shinawatra]].]]Despois de aprobarse a Constitución definitiva en [[2007]] celebráronse unhas eleccións xerais, as cales deron a vitoria ao Partido do Poder do Pobo liderado por Samak Sundaravej, home vinculado a Thaksin Shinawatra. Unha vez formado o novo Goberno, desatouse unha grave crise política aos poucos meses liderada pola Alianza do Pobo para a Democracia, que obrigou á dimisión de varios ministros antes do verán de [[2008]]. Altercados en Bangkok, obrigaron a declarar o estado de emerxencia e, finalmente, á dimisión do primeiro ministro Sundaravej por mor dunha sentenza que lle condenaba por presentar un programa gastronómico en televisión, considerado polo tribunal como unha actividade privada ilícita para un membro do goberno.

O [[17 de setembro]], a Asemblea Nacional elixiu como novo primeiro ministro a Somchai Wongsawat, cuñado de Thaksin Shinawatra e tamén membro do Partido do Poder do Pobo. Con todo, o país viviu un longo período de crise até [[2010]]. Ese ano as Camisas Amarelas, integradas na Alianza Popular para a Democracia, conseguiron derrubar o goberno de Somchai Wongsawat e a Asemblea Nacional elixiu como novo primeiro ministro ao líder do Partido Demócrata, [[Abhisit Vejjajiva]]. O goberno de Abhisit non estivo exento de enfrontamentos civís, nesta ocasión cos Camisas Vermellas, integrados na Fronte Unida Nacional pola Democracia contra a Ditadura, que ocuparon Bangkok na primavera de 2010. O desaloxo dos Camisas Vermellas polo exército deixou decenas de mortos. En [[2011]] celebráronse novas eleccións xerais, dando a vitoria por maioría absoluta a [[Yingluck Shinawatra]], irmá menor do ex Primeiro Ministro Thaksin.<ref>{{cita web|autor=Reinoso, José|url=http://internacional.elpais.com/internacional/2011/08/05/actualidad/1312495204_850215.html|título=El 'clon' de Thaksin Shinawatra|editor=[[El País]]|lingua=castelán|dataacceso=[[19 de xuño]] de [[2013]]}}</ref>

=== Conflito de Pattani ===
[[Ficheiro:Flag of Pattani.svg|thumb|left|180px|Bandeira de Pattani.]]
Tailandia controlou a comezos do [[século XV]] a [[península Malaia]] até [[Malaca]], manténdose en gran parte da península, incluíndo Temasek ([[Singapur]]), algunhas illas de [[Mar de Andamán|Andamán]] e unha colonia en [[Xava]]. Porén, os [[Reino Unido|británicos]] utilizaron a forza para recuperar as terras e garantir a súa [[suzeranía]] sobre o sultanato [[Malaisia|malaio]].
Moitos dos estados do norte do sultanato ofrecían agasallos anuais ao rei tailandés, normalmente en forma de flor dourada, un xesto de homenaxe e recoñecemento de vasalaxe. Co tratado anglo-siameses, Tailandia renunciou á soberanía sobre as agora son as provincias setentrionais malaias, [[Kedah]], [[Perlis]], [[Kelantan]] e [[Terengganu]] en favor dos británicos, mentres que estes cederon a Tailandia as provincias de [[Provincia de Satun|Satun]] e de [[Provincia de Pattani|Pattani]].

[[Ficheiro:Souththailandmap.GIF|thumb|As provincias meridionais de Tailandia, amosando as áreas de maioría malaia.]]Esta situación está a producir un conflito étnico na rexión de de Pattani, de maioría malaia, que inclúe as tres provincias máis meridionais de Tailandia: [[Provincia de Pattani|Pattani]], [[Provincia de Yala|Yala]], [[Provincia de Narathiwat|Narathiwat]] e partes de [[Provincia de Songkhla|Songkhla]]. Porén, a violencia estase a estender tamén noutras provincias. O Partido Comunista de Malaia decidiu negociar a paz cos gobernos de Malaisia e Tailandia despois de que perdese os seus apoios de [[Vietnam]] e da [[China]] por mor da [[Revolución Cultural]]. Porén, o conflito separatista, en marcha dende a [[Segunda Guerra Mundial]], intensificouse no ano [[2004]].

Antes, entre febreiro e agosto de [[2003]], o estado tailandés realizara unha campaña militar contra as organizacións de narcotraficantes, no que unhas 51.000 persoas foron arrestadas e 2.000 mortas. Xa en xullo de [[2005]] o ex-Primeiro Ministro de Tailandia, [[Thaksin Shinawatra]], asumiu poderes de emerxencia para facer fronte á insurxencia, mentres que en setembro de [[2006]] sería o Comandante Sonthi Boonyaratkalin que recibiría un aumento extraordinario de poderes executivos para combater os disturbios. Pouco despois, a pesar das tentativas de reconciliación, a insurxencia continuou e intensificouse, aumentando ano a ano os mortos no conflito, que acadan a finais de [[2010]] os 4.100. En marzo de [[2011]], o goberno recoñece que a violencia vai en aumento e que non é un conflito que se podería resolver en poucos meses.

== Divisións administrativas ==
{{VT|Rexións de Tailandia|Provincias de Tailandia}}
Tailandia divídese en 76 [[provincia]]s (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: จังหวัด, ''changwat'') reunidas en cinco grupos, nalgúns casos as provincias do leste e do oeste agrupándose. O nome de cada provincia é o da súa cidade capital (เมือง, mueang), utilizando ás veces ese prefixo (''Mueang'' ou ''Muang'') para evitar confusión coa provincia. Coa excepción da [[provincia de Songkhla]], a capital é a cidade máis grande da provincia. Por exemplo, a capital da [[Provincia de Chiang Mai]] (''Changwat Chiang Mai'') é Ching Mai ou Mueang Chiang Mai. Hai ademais dous distritos especiais: a capital [[Bangkok]] (Krung Thep Maha Nakhon) e Pattaya, aínda que o de Bangkok posúe o mesmo rango que unha provincia, e polo tanto é habitualmente considerado unha.

A zona máis poboada e a de maior densidade de poboación é a capital, [[Bangkok]]. A provincia de maior superficie é [[Provincia de Nakhon Ratchasima|Nakhon Ratchasima]] e a máis pequena [[Provincia de Samut Songkhram|Samut Songkhram]]. En canto aos mínimos, a provincia con menor densidade de poboación é [[Provincia de Mae Hong Son|Mae Hong Son]] e menor poboada a de [[Provincia de Ranong|Ranong]]. A última provincia en nacer foi [[Provincia Bueng Kan|Bueng Kan]] no ano [[2011]].

Cada provincia está administrada por un gobernador nomeado polo Ministro do Interior, sendo a única excepción é a cidade de Bangkok, onde se elixe ao gobernador por votación. As provincias están divididas á súa vez en 877 distritos (อำเภอ, ''amphoe''). Os cincuenta distritos de Bangkok son chamados khet (เขต), mais son habitualmente chamados amphoe, incluso nalgúns documentos oficiais. Algunhas partes das provincias circundantes á capital, son ás veces coñecidas como Gran Bangkok (ปริมณฑล, ''pari monthon''). Os distritos divídense á súa vez en tambon (ตำบล, ''comunas'' ou ''sub-distritos'') e muban (หมู่บ้าน, ''poboados'').

=== Rexións ===
{{Imaxe múltiple
| posición_táboa = right
| dirección = horizontal
| ancho = 130
| foto1 = Thailand six regions.svg
| ancho1 =
| texto1 = Seis rexións
| foto2 = Thailand four regions.svg
| ancho2 =
| texto2 = Catro rexións
| foto3 = Thailand meteorological regions.svg
| ancho3 =
| texto3 = Rexións meteorolóxicas

Tailandia é ás veces dividida en [[Rexións de Tailandia|diferentes grupos de rexións]], sendo a máis coñecida a división en seis rexións utilizada nos estudos xeográficos e a división en catro agrupacións coherente co sistema de agrupación administrativa Monthon utilizado no pasado polo Ministerio de Interior. Estas rexións supoñen a subdivisión máis grande do país, con todo, a diferenza das [[provincias de Tailandia|provincias]], non teñen ningún tipo de carácter administrativo, senón que se utilizan con fines [[Estatística|estatísticos]], [[Xeografía|xeográficos]] ou [[Xeoloxía|xeolóxicos]].

O sistema de subdivisión de seis rexións é o máis habitual actividades científicas ou xeográficas. Este sistema, que data de [[1935]], formalizouse en [[1977]] polo Comité Xeográfico Nacional nomeado polo Consello Superior de Investigacións Científicas. As seis rexións son as seguintes:

* [[Tailandia do Norte|Tailandia setentrional]] (ภาคเหนือ)
* [[Tailandia do Nordeste|Tailandia nordeste (Isan)]] (อีสาน)
* [[Tailandia do Oeste|Tailandia occidental]] (ภาคตะวันตก)
* [[Tailandia Central|Tailandia central]] (ภาคกลาง)
* [[Tailandia do Leste|Tailandia oriental]] (ภาคตะวันออก)
* [[Tailandia do Sur|Tailandia meridional]] (ภาคใต้)

O sistema de catro rexións é utilizado normalmente para algúns fins administrativos e estatísticos, e incluso como agrupamento cultural. Inclúe ás rexións occidental e oriental dentro da rexión central, mentres que as [[Provincia de Sukhothai|provincias de Sukhothai]], [[Provincia de Phitsanulok|Phitsanulok]], [[Provincia de Phichit|Phichit]], [[Provincia de Kamphaeng Phet|Kamphaeng Phet]], [[Provincia de Phetchabun|Phetchabun]], [[Provincia de Nakhon Sawan|Nakhon Sawan]] e [[Provincia de Uthai Thani|Uthai Thani]] forman parte da rexión setentrional. As catro rexións son:

* [[Tailandia do Norte|Tailandia setentrional]] (ภาคเหนือ)
* [[Tailandia do Nordeste|Tailandia nordeste (Isan)]] (อีสาน)
* [[Tailandia Central|Tailandia central]] (ภาคกลาง)
* [[Tailandia do Sur|Tailandia meridional]] (ภาคใต้)

El Departamento Meteorolóxico de Tailandia divide o país en seis rexións para fins meteorolóxicos. Diferénciase do sistema de catro rexións en que a Oriental considérase unha rexión separada, a Meridional divídese entre as costas leste e oeste e en que as provincias de [[Provincia de Nakhon Sawan|Nakhon Sawan]] e [[Provincia de Uthai Thani|Uthai Thani]] forman parte da Central.

=== Provincias ===
{{Mapa das Provincias de Tailandia}}

== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Tailandia}}
=== Agricultura ===
[[Ficheiro:Agriculture in thailand 2.jpg|thumb|190px|Campos de cultivo de Tailandia vistos dende o aire.]]
A participación da agricultura no [[PIB]] de Tailandia está a diminuíu considerablemente nos últimos decenios, supoñendo actualmente tan só o 12% do mesmo. Con todo, a agricultura aínda representa máis do 25% do total dos ingresos de exportación. Debido á que a produtividade da man de obra é relativamente baixa, o sector contribúe co 46% do emprego total. Os produtos agropecuarios constitúen o 15% das exportacións (incluídas as invisibles), mais porcentaxe que lles corresponde nas importacións é bastante máis reducido (menos do 5%), debido sobre todo ás abundantes subministracións de alimentos de produción local. Nestas circunstancias, cabe esperar que un sistema de comercio mundial sen distorsións e compatible cos principios do mercado dispense grandes beneficios a Tailandia.<ref>{{cita web|autor=Poapongsakorn, Nipon|editor=[[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]]|url=http://www.fao.org/docrep/003/x8731s/x8731s15.htm#P6_66 |título=Capítulo 14: Tailandia (FAO)|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de xuño]] de [[2013]]}}</ref>

O cultivo, procesado e exportado dos produtos agrícolas, en especial do [[arroz]], foron tradicionalmente o principal sustento da economía tailandesa. A pesar de que o país foi un dos máis prósperos de Asia, a súa dependencia do monocultivo de arroz fíxolle moi vulnerable á flutuación dos prezos no mercado e a variación de colleitas. O goberno levou a cabo campañas para reducir na medida do posible esta vulnerabilidade, instituíndo programas de desenvolvemento orientados á diversificación da economía e á promoción de métodos de cultivo científicos, en particular naqueles que consisten na rega mediante o anegamento dos campos de arroz, que permiten que as colleitas sexan máis ou menos estables mesmo durante anos de [[seca]].<ref>{{cita web|autor=Buchot, Emmanuel|url=http://www.voyagesphotosmanu.com/economia_tailandia.html|editor=Carnet Photographique|título=Economía de Tailandia|lingua=castelán|dataacceso=[[19 de xuño]] de [[2013]]}}</ref>

=== Gandaría e pesca ===
En Tailandia está prohibido a exportación de [[can]]s para sacrificio e consumo.<ref>{{cita web|url=http://www.lavanguardia.com/lectores-corresponsales/20110908/54213894674/tailandia-prohibe-la-exportacion-de-perros-para-su-sacrificio-y-consumo.html|título=Tailandia prohíbe la exportación de perros para su sacrificio y consumo|autor=Caules, Francisco|editor=[[La Vanguardia]]|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de xuño]] de [[2013]]}}</ref> Con todo, non deixa de ser un dos maiores exportadores de alimentos en [[Asia]], sendo os principais produtos gandeiros os procedentes do [[parrulo]], o [[porco]], o boi e a [[vaca]].

En canto á pesca, os lugares máis importantes no país, son o [[Mar de Andamán]], o [[Golfo de Tailandia]], e os ríos [[Río Mekong]] e [[Provincia de Chiang Mai|Chiang Mai]]. A pesca está organizada para evitar conflitos entre a pesca industrial e a pesca de escala. As grandes especies de pesca de auga doce son: a perca xigante, a carpa siamesa, o [[Siluriformes|peixe gato]] e o cabeza de cobra xigante. En canto ás especies de mar, as máis importantes son: o atractosteus, o barbo de Xava, o barbo de Hampala, o tucunaré, [[Lutiánidos|litiánidos]] e o tambaqui.

=== Turismo ===
[[Ficheiro:Wat Phra Sri Rattana Satsadaram 07.jpg|thumb|300px|O Wat Phra Kaew de [[Bangkok]], capital de Tailandia, un dos monumentos máis visitados.]]
Turismo contribúe á economía de Tailandia máis que a calquera outro país asiático, considérase que a achega do turismo supón o 6% do [[PIB]]. Un dos principais motivos polos que os turistas viaxan son as praias e relax. A pesar dos problemas cos insurxentes no sur, o turismo en [[Bangkok]] está a aumentar considerablemente nos últimos anos. Ademais, o forte aumento no turismo procedente doutros países asiáticos contribúe en gran medida á economía do país, incluso cando o [[baht]] está a gañar forza en comparación coa maioría doutras moedas nos últimos anos. En [[2007]], uns 14 millóns de turistas visitaron Tailandia. Dentro da industria do turismo tailandesa é coñecido o turismo sexual, aínda que a prostitución é ilegal en Tailandia.

A flexibilización da crise monetaria, o vigoroso crecemento da economía chinesa, a situación política interna relativamente estable despois da crise política tailandesa de 2008, e o pouco impacto da pandemia de gripe de 2009, cambiaron o panorama turístico para o ano [[2010]]. Tailandia experimentou un descenso de visitantes internacionais dun 16% no primeiros seis meses de 2009, pero o últimos catro meses de 2009 viron o retorno de turistas estranxeiros a Tailandia, cun marcado aumento nos meses de novembro e decembro.

A nivel de turismo cultural, o país caracterizase polas súas ruínas e templos, destacando moito a súa cultura milenaria. As organizacións turísticas promoven as coñecidas "Sete Marabillas de Tailandia", sete motivos cos que invitan a visitar o país:<ref>{{cita web|autor=Turismo de Tailandia|url=http://www.turismotailandes.com/turismotailandes2009/descargas/prensa/DossierPrensaTailandia09.pdf|título=Thailand. Amazing Value|editor=Thailand Tourism Authority|lingua=castelán|dataacceso=[[19 de xuño]] de [[2013]]}}</ref> o "Thainess" (a forma de vivir tailandesa), "Terra dos tesouros e a historia", as "Praias (diversión, sol, surf e serenidade)", a "natureza", o "País do sorriso saudable (relax e spa)", as "Novas tendencias" e os "Festivais internacionais".

=== Moeda ===
{{Artigo principal|Baht}}

Durante a dinastía que inaugurou [[Rama I]] introduciuse un novo tipo de moeda chamada ''Bala''. Nun principio estas pezas consistían en anacos de prata que levaban unha contramarca real, ás veces acompañada por unha marca chamada ''chakra'' ou ''ollo da deusa [[Vishnu]]''. Do símbolo real existen varios punzóns que permiten coñecer baixo que monarca se realizou cada contramarca. Existen moedas que están contramarcadas só cun destes símbolos, pero outras presentan dous ou tres símbolos á vez. Estas curiosas contramarcas estampábanse para facilitar a circulación das moedas estranxeiras dentro do país e aumentar o seu valor.

A moeda de Tailandia é actualmente o [[baht]] (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: บาท, símbolo: ฿, código [[ISO 4217]]: THB). Divídese en 100 satang (สตางค์). A emisión de moedas e billetes é responsabilidade do Banco de Tailandia. A súa equivalencia en [[euros]] a mediados de [[2013]] era 0,024 € por [[baht]],<ref>{{cita web|url = http://themoneyconverter.com/es/default.aspx|título=Baht Thailandés|páxina-web=The Money Converter|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de xuño]] de [[2013]]}}</ref> e en [[dólar americano|dólares americanos]] de $ 0,032. Porén, o valor do baht varía constantemente no mercado de divisas, sendo ademais a única divisa aceptada dentro do país.

== Demografía ==
{{Artigo principal|Demografía de Tailandia}}
=== Educación ===
[[Ficheiro:CU Eastview02 211112.JPG|thumb|A [[Universidade de Chulalongkorn]].]]
O Ministerio de Educación administra e regula o ensino no país. No ano [[2005]], o goberno asignou 262.938 millóns de [[baht]], preto do 22% do orzamento nacional, á educación. Con datos dese mesmo ano, Tailandia ten un dos niveis máis altos de [[alfabetización]] na rexión asiática co 92,6%.

A Constitución garante doce anos de educación básica de balde. A educación formal divídese en catro etapas: o primeiro nivel (''Prathom 1-3'') abarca os tres anos da escola elemental; o segundo nivel (''Prathom 4-6'') do cuarto ao sexto grao; o terceiro nivel (''Matthayom 1-3'') inclúe os primeiros tres anos da educación secundaria; e o cuarto e último nivel (''Matthayom 4-6'') comprende os últimos tres anos correspondentes ao bacharelato. Os tailandeses están obrigados a asistir seis anos á escola elemental e polo menos os primeiros tres anos da escola secundaria, así como a facer o NET (Exame de Educación Nacional) despois de cada nivel. Ao graduarse da secundaria, é necesario realizar outros dous exames para continuar co ensino superior: o O-NET (Exame Ordinario de Educación Nacional) e o A-NET (Exame Avanzado de Educación Nacional).

As carreiras máis solicitados no ensino universitario público e privado de Tailandia son [[Medicina]], [[TIC|Tecnoloxías da información]], [[Humanidades]] e [[Arte]]s. Porén, está a gañar popularidade nos últimos anos a opción de estudar [[Dereito]] ou [[Empresa]]riais no estranxeiro. Tódolos estudantes que aspiran a ingresar na universidade teñen que obter o CUAS (Sistema Central de Admisión Universitaria), que consiste nun 50% nos resultados do O-NET e o A-NET e noutro 50% a media de notas obtidos dende o cuarto nivel. Máis da metade das provincias en Tailandia teñen a chamada Universidade Rajabhat, unha institución educativa para profesores formalmente coñecida como o Instituto Rajabhat. O máis antigo centro universitario do país é a [[Universidade de Chulalongkorn]], fundado o [[26 de marzo]] de [[1917]].

=== Relixión ===
Preto do 95% dos tailandeses son [[Budismo|budistas]] da tradición [[theravada]]. Os [[islam|musulmáns]] son o segundo grupo relixioso máis grande de Tailandia co 4,6% da poboación. Nas provincias meridionais de Tailandia, [[Provincia de Pattani|Pattani]], [[Provincia de Yala|Yala]], [[Provincia de Narathiwat|Narathiwat]] e parte de [[Provincia de Songkhla|Songkhla]] e [[Provincia de Chumphon|Chumphon]] domina a poboación musulmá, formada por tailandeses e malaios étnicos. Moi a miúdo os musulmáns viven en comunidades separadas dos non musulmáns. O extremo sur de Tailandia é na súa maioría etnicamente malaio, sendo a maioría deles [[Sunnismo|sunnitas]]. Os [[Cristianismo|cristiáns]] representan o 0,5% da poboación. Unha comunidade pequena pero influente de [[Sikhismo|sikhs]] e algúns [[Hinduísmo|hindús]] viven tamén nalgunhas cidades do país, fortemente involucrados no comercio menor. Hai tamén unha pequena comunidade xudía, con presenza desde o [[século XVII]]. Desde 2001, os activistas musulmáns manifestáronse contra o goberno central debido á suposta corrupción e os prexuízos étnicos por parte dos funcionarios.

== Cultura ==
[[Ficheiro:Phutthamonthon Buddha.JPG|thumb|left|250px|O [[budismo]] [[theravada]] é moi respectado en Tailandia.]]
As tradicións tailandesas están influenciadas polas culturas da [[India]], a [[China]], [[Cambodja]], [[Laos]], [[Myanmar]] e o resto do [[sueste asiático]]. A relixión nacional é o [[budismo]] [[theravada]], o cal evolucionou co tempo para incluír moitas das crenzas rexionais procedentes do [[hinduísmo]], o [[animismo]], así como o culto aos antepasados. O calendario oficial en Tailandia baséase na versión oriental da era budista, é dicir, 543 anos antes do [[calendario gregoriano]]. Por exemplo, o ano {{CURRENTYEAR}} é o {{#expr:{{CURRENTYEAR}}+543}} en Tailandia.

Diversos grupos étnicos poboan Tailandia, algúns dos cales son marxinados, ás veces solapándose cos países veciños, Myanmar, Laos, Cambodja e [[Malaisia]], mediando o cambio entre a súa cultura local tradicional, a tailandesa nacional e as influencias culturais globais. A diáspora chinesa forma tamén parte importante da sociedade tailandesa, sobre todo nos arredores de [[Bangkok]]. A súa exitosa integración permitiu a este grupo ocupar cargos de poder económico e político. Empresas chino-tailandesas prosperan como parte dunha rede máis grande de empresas chinesas que operan nos mercados do sueste asiático.

Un aspecto da cultura tailandesa moi coñecido é o seu saúdos tradicional, o wai (ไหว้, [[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]: [wâːj]). Nunha xuntanza entre dúas persoas, normalmente o primeiro en saúdas é o máis novo dos dous, o cal xunta ás súas mans, cos dedos apuntando cara arriba, e inclina a cabeza até tocar as mans coas cara, polo xeral acompañando coas seguintes palabras "Sawasdee khrap", para os falantes masculinos, ou "Sawasdee ka" para as mulleres. O máis maior é, entón, quen responde do mesmo xeito.
[[Ficheiro:Marriage in Thailand.JPG|thumb|O wai dunha parella tailandesa.]]
A parte da idade, o status social e a posición, como no caso de xente pertencente ao goberno, teñen tamén influencia en quen realiza o primeiro wai. Por exemplo, aínda que un pode ser considerablemente máis maior que un Gobernador provincial, polo xeral é o visitante quen realiza o primeiro saúdo. Cando os nenos marchan para ir á escola, adoitan realizar o wai aos seus pais para amosar o seu respecto por eles. O wai é un sinal de respecto e reverencia polo outro, semellante o saúdo "namaste" da India e o [[Nepal]].

Do mesmo xeito que na maioría das culturas asiáticas, o respecto aos antepasados é unha parte esencial da práctica espiritual tailandesa. Os tailandeses teñen un forte sentido da hospitalidade e a xenerosidade, mais tamén un forte sentido de xerarquía social. A antigüidade é un concepto importante na cultura tailandesa. Os anciáns tradicionalmente rexen as decisións familiares ou cerimonias, e os irmáns maiores teñen obrigacións con respecto dos máis novos. Os tabús en Tailandia inclúen tocar a cabeza de alguén ou apuntar cos pés, xa que a testa está considerada a parte máis sacra e os pés a parte máis sucia.

A sociedade tailandesa está a ser influenciada nos últimos anos grazas á ampla dispoñibilidade prensa e os medios de comunicación plurilingües. Hai en circulación algúns xornais ingleses e moitos tailandeses e chineses, mesmo as revistas tailandeses máis populares utilizan titulares en [[lingua inglesa|inglés]] como factor glamour. Moitas das grandes empresas en Bangkok operan en inglés e outros idiomas. Tailandia é o maior mercado da prensa no sueste asiático, cunha circulación estimada de máis de 13 millóns de exemplares diarios en [[2003]]. Incluso no interior do país, fóra de Bangkok, florecen os medios. Segundo o directorio do Departamento de Relacións Públicas de Prensa de Tailandia 2003-2004, nas dezanove [[Provincias de Tailandia|provincias]] de [[Isan]], a rexión nordés, hai 116 xornais en circulación xunto coa [[Radio (medio de comunicación)|radio]], a [[televisión]] e o [[cable]].

=== Linguas ===
{{Artigo principal|Lingua tailandesa}}
[[Ficheiro:BangkokThai.png|thumb|300px|Nome completo de [[Bangkok]] escrito co alfabeto tailandés.]]
O idioma oficial de Tailandia é o tailandés (ภาษาไทย, ''phasa thai''; [[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]: [pʰaːsaːtʰaj]), tamén coñecido como siamés ou "tai". É o idioma nacional e oficial de Tailandia, lingua nai da etnia tailandesa. O tailandés é unha lingua tai pertencente á familia de linguas tai-kadai. Crese que as linguas tai-kadai teñen a súa orixe no que é actualmente o sur da [[China]], mentres algúns lingüistas propuxeron que están relacionadas coas familias austroasiática, [[Linguas austronesias|austronesia]] ou [[Linguas sino-tibetanas|sino-tibetana]]. É unha lingua tonal e analítica, o que combinado cunha ortografía complexa e unha fonoloxía distintiva, dificulta o estudo do idioma aos que non coñezan previamente unha lingua relacionada.

O tailandés conta con alfabeto propio (อักขระเขมร), derivado do alfabeto cambodjano, inspirado na letra brahmi das [[linguas indoarias]]. Do mesmo xeito que os birmanos adoptaron o alfabeto Mon, que tamén ten orixes índicas, os tailandeses adoptaron unha forma modificada de alfabeto cambodjano para crear o seu propio sistema de escritura. Mentres que a máis antiga inscrición coñecida en cambodjano data do ano [[611|611 d.C.]], as inscricións en alfabeto tailandés comezaron a aparecer ao redor de [[1292]]. As súas características máis notables inclúen:

* É [[Alfasilabario|alfasilbario]], é dicir, consiste en signos que representan sílabas dotadas dunha vogal por defecto. No tailandés a vogal implícita é unha /a/ curta para as consonantes que se presentan soas e unha /o/ curta se a consonante inicial ou o grupo vai seguido doutra consonante.
* Os marcadores de ton colócanse na parte superior da consonante inicial dunha sílaba ou na última consonante dun grupo consonante inicial.
* As vocais asociadas con consonantes non son secuenciais: pódense colocar antes, despois, arriba ou abaixo, ou nunha combinación destas posicións, da súa consonante asociada.

Salvo o tailandés, ningún outro idioma do territorio do estado ten status oficial. Outros idiomas falados en Tailandia son o isaan e o phu thai no [[Tailandia do Nordeste|Isan]], o yawi nas zonas fronteirizas con [[Malaisia]] e o thai yuan ou thai setentrional, coñecido tamén cos nomes de lanna e de kam mueang. Tamén hai que mencionar o khmer, que se fala entre as minorías cambodjanas do sur do Iaan, sobre todo na zona de [[Provincia de Surin|Surin]] e de [[Provincia de Sisaket|Sisaket]]. O inglés é a principal lingua estranxeira estudada nas escolas.

=== Gastronomía ===
[[Ficheiro:Pad Thai.JPG|thumb|Prato de Pad Thai.]]
A gastronomía de Tailandia caracterízase pola súa mestura equilibrada de sabores [[ácido]]s, [[Cloruro de sodio|salgados]], doces e picantes. O ingrediente principal na cociña tailandesa é o [[arroz]], que pode ser ingrediente en [[sopa]]s, estar fritidos ou simplemente cocido. Outros ingredientes que se usan comunmente son os [[pemento]]s picantes, os [[ollo|allos]], os fideos e o [[leite]] de [[coco]]. En carnes emprégase sobre todo o [[Galiña|polo]] e o [[porco]]. Entre os condimentos máis comúns atópanse o [[curry]] verde ou vermello, sementes de coandro, salsa de [[soia]] e salsa de peixe.

O almorzo tailandés consiste en xeral de arroz con polo, porco, allo e gambas. Isto é acompañado por [[Ovo (alimento)|ovo]] fritido e [[cogombro]] en [[vinagre]]. Con todo, a comida máis importante é a cea. Nesta pódense apreciar os mellores pratos. Atópanse presentes a sopa, o arroz ou polo e o [[peixe]] preparados de diversas maneiras. Un dos principais pratos é a carne estilo árabe, unha mestura de carne de cordeiro e tenreira condimentada con [[comiño]]s, [[Craveiro de India|cravo]] e outras especias.

Algúns dos pratos máis famosos son o ''Pad Thai'', fideos de arroz con salsa de tamarindo; o ''Nam Prik Pao'', Salsa de chile tostado con chalotas, allo e [[Carideos|esquías]]; o ''Khao Mangal'', polo con arroz fervido en caldo de galiña e leite de coco; o ''Ped Dang'', asado de polo ao [[xenxibre]]; o ''Sukijakithai'', carne e peixe rebozados en ovo con verduras; o ''Nevayum'', carne tallada con ensalada; o ''Tom Kha Gai'', sopa de raíz de galanga; o ''Kaeng Kari Kai'', polo ao curry suave; ou o ''Tom Yum'', sopa picante e ácida.

== Notas ==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
{{Commons|Thailand}}
=== Outros artigos ===
* [[Península Malaia]]
* [[Istmo de Kra]]

=== Ligazóns externas ===
* [http://www.thaigov.go.th/ Sitio web oficial do Real Goberno de Tailandia]
* [http://www.tourismthailand.org/ Sitio web oficial de Turismo en Tailandia]
* [https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/th.html Tailandia en The World Factbook]
* [http://global.britannica.com/EBchecked/topic/589625/Thailand Tailandia na Encyclopædia Britannica]

{{Asia}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Países de Asia]]
[[Categoría:Tailandia| ]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]