Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
corrixo link
Corrección gramatical
Etiqueta: Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 2:
Este artigo trata sobre as '''normas para a escrita do [[lingua galega|galego]]''' legalmente válidas. O concepto e a aplicación da "normativa oficial" ten xerado moita confusión e conflito en Galiza nas últimas décadas.
 
O [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]] dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O [[17 de novembro]] de [[1982]] a [[Xunta de Galicia]] estableceu que existiría unha norma de uso oficial {{Cómpre referencia}} para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao [[reintegracionismo]].
 
Coa publicación da [[Lei de normalización lingüística]] o [[15 de xuño]] de [[1983]], estableceuse que o criterio de autoridade para a [[normativización]] do galego sería o da [[Real Academia Galega]] (RAG), relegando o [[Instituto da Lingua Galega]] (ILG) como referencia legal.<ref>Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística ([http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.xral-2.pdf D.O.G. nº 84], do 14 de xullo de 1983)</ref>