Dinís de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Dinis de Portugal" a "Dinís de Portugal" sobre unha redirección
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n moveu a páxina "Dinis de Portugal" a "Dinís de Portugal" sobre unha redirección
Liña 1:
#REDIRECCIÓN [[Dinís de Portugal]]
{{SenReferencias}}
 
[[Ficheiro:Dinis-P.jpg|miniatura|200px|dereita|Dinís, rei de Portugal]]
'''D. Dinís''', nado o [[9 de outubro]] de [[1261]] e finado o [[7 de xaneiro]] de [[1325]] en Santarén, foi rei de [[Portugal]], fillo de [[Afonso III de Portugal|Afonso III]] e da infanta Beatriz de Castela, neto de [[Afonso X]] de [[coroa de Castela|Castela]]. Foi aclamado en [[Lisboa]] en [[1279]].
 
== Biografía ==
Alcumado ''O Labrador'' ou ''O Rei-Agricultor'' (polo impulso que deu no reino a aquela actividade) e aínda, ''O Rei-Poeta'' ou ''O Rei-Trobador'' (polas [[trobadorismo|Cantigas de Amigo]] que compuxo e polo desenvolvemento da [[trobadorismo|poesía trobadoresca]] a que se asistiu no seu reinado), foi o sexto [[Lista de reis de Portugal|Rei de Portugal]]. Foi o primeiro rei portugués a asinar os seus documentos co nome completo. Presúmese que teña sido o primeiro rei portugués non analfabeto [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/bvc/bibbreve/019/bib19.pdf].
 
Como herdeiro da coroa, D. Dinís dende cedo foi envolvido nos aspectos de gobernación polo seu pai. Á data da súa subida ao trono, Portugal atopábase en conflito coa [[Igrexa Católica]]. D. Dinís procurou normalizar a situación asinando un tratado co [[Nicolao III, papa|papa Nicolao III]], onde xuraba protexer os intereses de Roma en Portugal. Salvou a [[Orde do Temple]] en Portugal a través da creación da [[Orde de Cristo]], que lle herdou os bens en Portugal despois da súa extinción.
 
D. Dinís foi esencialmente un rei administrador e non guerreiro: envolvéndose en guerra con [[Coroa de Castela|Castela]] en [[1295]], desistiu dela en troca das vilas de [[Serpa]] e [[Moura, Portugal|Moura]]. Polo [[Tratado de Alcanises]] ([[1297]]) firmou a Paz con [[Reino de Castela|Castela]], definíndose nese tratado as fronteiras actuais entre os dous países ibéricos.
 
A súa prioridade gobernativa foi esencialmente a organización do reino: continuando a vertente lexisladora do seu pai D. Afonso III, a profusa acción lexislativa está contida, hoxe, no ''Libro da Leis e Posturas'' e nas ''Ordenacións Afonsinas'' . Non son "códigos" lexislativos tal como os entendemos hoxe, mais si compilacións de leis e do dereito consuetudinario municipal, alteradas e reformuladas pola Coroa. En efecto, a incidencia de cuestións de carácter procesual con igual peso ao carácter de dereito positivo das súas leis, denuncia a crecente preocupación do rei en enpistar o dereito consuetudinario (ou costumeiro) no ámbito da Coroa, e en efectivar o seu poder no terreo. As determinacións sobre a actuación de alguacís (oficiais dos concellos), xuíces, ''procuradores'' e ''advocati'' demostran isto, xa que un poder só nominal sobre tódolos habitantes do Reino, como era típico na [[Idade Media]], non se compatibiliza con este esforzo en esmiuzar os trámites xurídicos, ou en moralizar o exercicio da xustiza. A creación de correxedores denuncia claramente o inicio do proceso de territorialización da xurisdición da Coroa, extravasando os dominio rexios, á par da crecente importancia da capitalidade de Lisboa.
 
O reinado de D. Dinís acentuou a predilección por Lisboa como lugar de permanencia da corte rexia. Non existe unha capital, mais a localización de Lisboa, o seu desenvolvemento urbano, económico e mercantil van facendo da cidade o lugar máis viable para se afirmar como centro administrativo por excelencia. A articulación entre o Norte e o Sur do país - este Sur que se torna branco da maior atención e permanencia dos reis - fan de Lisboa centro xiratorio para tornar Portugal viable. Entre o Norte, onde a malla señorial é máis densa e apertada, e o sur, onde o espazo vasto conquistado aos mouros implanta sobre todo os dominios rexios e as ordes militares, así como vastos espazos de "res nullius", torna Portugal un reino onde dúas realidades diferentes se complementan. Paralelamente D. Dinís aumentou en enorme escala o número de novas vilas, feiras e castelos no interior de norte a sur e especialmente nas Beiras e no Alentejo, continuando unha obra que xa viña dos seus antecesores: o poboamento do reino, sobre todo do norte en dirección ao sur e distribuíndo neste proceso moitas Cartas de [[Forais|Foral]].
 
Preocupado coas infraestruturas do País , D. Dinís ordenou a exploración de minas de [[cobre]], [[prata]], [[estaño]] e [[ferro]] e fomentou as trocas con outros reinos, asinou o primeiro tratado comercial co rei de [[Inglaterra]] en [[1308]] e creou o almirantado, atribuído como privilexio ao xenovés Manuel Pesagno, e fundando as bases para unha verdadeira mariña ao servizo da Coroa.
 
D. Dinís redistribuíu terras, promoveu a agricultura e fundou varias comunidades rurais, así como mercados e feiras. Un dos seus maiores legados foi a orde de plantar o [[Piñal de Leiría]], que aínda se mantén, como forma de protexer as terras agrícolas do avance das areas costeiras.
 
A cultura foi un dos seus intereses persoais. D. Dinís apreciaba a literatura e escribiu varios libros do seu propio puño e letra, con temas como [[administración pública]] ou [[Cinexética|caza]], e varios volumes de [[poesía]]. Durante o seu reinado, [[Lisboa]] foi un dos centros Europeos de [[cultura]]. A [[Universidade de Coímbra]] fundouse polo seu decreto ''Magna Charta Priveligiorum''.
 
Os últimos anos do seu reinado foron marcados por conflitos interiores. O herdeiro, futuro D. [[Afonso IV de Portugal|Afonso IV]], receoso de que o favorecemento de D. Dinís ao seu fillo bastardo [[Afonso Sanches]] o espoliase do trono, esixiu o Poder e combateu o pai. Nesta loita tivo intervención pacificadora a [[Raíña Santa Isabel]] que, [[Batalla de Alvalade|en Alvalade]] se interpuxo entre as hostes inimigas xa postas en orde de batalla.
 
D. Dinís está sepultado no [[Convento de san Dinís]], en [[Odivelas]].
 
== Descendencia ==
* Da súa muller, infanta Isabel de Aragón ([[1270]]-[[1336]]):
** [[Constanza de Portugal]] ([[1285]]-[[1313]]), casou co rei [[Fernando IV de Castela]]
** [[Afonso IV de Portugal|Afonso IV, Rei de Portugal]] ([[1290]]-[[1357]])
* Fillos naturais:
** Tidos con [[Gracia Froes]]:
*** [[Pedro Afonso, conde de Barcelos]] ([[1287]]-[[1354]])
** Tidos con [[Aldonza Rodrigues Talla]]:
*** [[Afonso Sanches]] ([[1289]]-[[1329]]), señor de Albuquerque e rival do seu medio-irmán Afonso IV
** Tidos con [[Mariña Gomes]]:
*** [[María Afonso]] ([[1290]]-[[1340]]), señora de Gibraleon
*** [[María Afonso]] (?-[[1320]]), freira no [[Mosteiro de Odivelas]]
** Tidos con outras señoras:
*** [[Xoón Afonso]], señor da [[Lousá]] ([[1280]]-[[1325]])
*** [[Fernón Sanches]] ([[1280]]-[[1329]])
*** [[Pedro Afonso]] ([[1280]]-?)
 
== Obra literaria de Don Dinís ==
Don Dinís é o autor con máis cantigas conservadas dos cancioneiros copiados en [[Italia]], posuíndo 138 poemas: 73 [[cantiga de amor|cantigas de amor]], 51 [[cantiga de amigo|cantigas de amigo]], 11 [[cantiga de escarnio e maldizer|cantigas de escarnio]] e tres [[pastorela]]s. Os seus fillos bastardos [[Afonso Sanches]] e [[Pedro de Portugal]] foron dous dos últimos trobadores.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Denis of Portugal}}
=== Outros artigos ===
* [[Cantiga de amigo]]
* [[Lista dos reis de Portugal]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.youtube.com/watch?v=VPs8oaEVIhM&list=RDVPs8oaEVIhM&index=13 Recreación musical da cantiga ''Amigo, queredes-vos ir?'', interpretada por Paulina Ceremuzynska]
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Rei de Portugal]]|
DINASTIA= [[Dinastía de Borgoña]] |
ANTES=[[Afonso III de Portugal]]|
DESPOIS=[[Afonso IV de Portugal]]|
DATA_ENTRADA=[[1279]]|
DATA_SAIDA=[[1325]]|
}}
 
{{Trobadores galego-portugueses}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Literatura medieval]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Reis de Portugal]]
[[Categoría:Dinastía de Borgoña]]
[[Categoría:Nados en 1261]]
[[Categoría:Finados en 1325]]