Mega Drive: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 296:
Non existiu nunca un adaptador/conversor de Game Gear, por mor de que o hardware é incompatíbel en múltiplas maneiras, e isto non se pode remediar facilmente sen engadir unha grande cantidade de hardware aos cartuchos.
 
O Power Base Converter non contén ningunha parte do hardware da Sega Master System para admitir os xogos. O hardware da Mega Drive/Genesis ten unha enorme compatibilidade retroactiva coa SMS, coas excepcións da ranurarañura do cartucho de Master System e do botón de pausa. Os adaptadores de cartuchos de Master System deseñados por desenvolvedores externos son meros recableados do porto de cartucho, sen ningunha lóxica adicional.
 
A compatibilidade conséguese de dúas maneiras: o VDP contén unha implementación do "Modo 4" do VDP da Master System; o chip controlador de bus (máis adiante integrado xunto co chip de entrada e saída nun único ASIC multifunción) pode asignar ao Z80 ou ao 68000 o control primario do sistema.