Mega Drive: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 164:
=== LaserActive de Pioneer con módulo de Mega Drive ===
 
'''LaserActive''' foi o nome que se lle deu ao reprodutor de [[LaserDisc]] CLD-A100 de [[Pioneer]]. O aparello era tanto un reprodutor de Laserdisc como de CD no mesmo produto, e a adición de módulos fabricados por Sega e [[NEC]] habilitaban a unidade como sistema de videoxogos tamén. O módulo PAC-S1 de Sega, posto á venda a un prezo de 39.000 iens, permitía aos usuarios xogar cos xogos de Mega Drive, Mega-CD e a xogos especificamente creados para Mega LD. Durante un curto período se pensou nos xogos da Mega LD como a seguinte evolución dos videoxogos, principalmente porque a enorme capacidade de almacenaxe dos Laserdiscs nos que se gravaban implicaba que podían ter un tamaño moitas veces maior que antes e incluirincluír vídeo en movemento con calidade de TV, audio dixital e son envolvente, características todas elas xa habituais nos sistemas modernos baseados en DVD-ROM.
 
Un módulo de NEC, o PAC-N1, deulle á unidade a capacidade de reproducir xogos de Turbografx 16. A adición dun dos dous módulos tamén facía a unidade compatíbel cos controis da Sega e da NEC. Un módulo máis tardío posto á venda por Pioneer, permitía o seu funcionamento como unha completa máquina de [[Karaoke]].