Diferenzas entre revisións de «Mega Drive»

 
=== Rexurdimento da popularidade en Norteamérica ===
Nestes últimos anos, a Genesis experimentou unha especie de renacemento debido en grande parte ao [[mercado negro]] de cartuchos sen licenza (por exemplo, a saída ao mercado da Wisdom Tree) e a descárregadescarga de [[Memoria de só lectura|ROMs]], aos que se pode xogar por medio de emuladores tales coma o [[Gens]]. Tamén existe unha tendencia cara á programación ''caseira'' sobre a Genesis empregando [[PC]]s persoais.
 
No 2000, xurdiu unha moda cara aos [[xogos de TV]] tipo ''plug-and-play'', e [[Radica]] lanzou versións auto-contidas con licenza de xogos da Mega Drive para o mercado norteamericano (baixo o nome de [http://www.radicagames.com/index.cfm?event=showProdDetail&id=85&categoryId=9 Play TV Legends Sega Genesis]) e europeo (baixo o nome de [[Sega Mega Drive 6-in-1 Plug 'n' Play]]), que conteñen seis populares xogos, unha pequena caixa e un mando. Non ten rañura para os cartuchos, e desta maneira é unha consola específica. Porén, [[Benjamin Heckendorn]], famoso por ter convertido en portátil a [[Atari 2600|Atari]], probou que de feito é posíbel engadir unha rañura para cartuchos cun pouco de soldadura.
284.321

edicións