Diferenzas entre revisións de «Mega Drive»

m (elimino a Categoría:SEGA; engado a Categoría:Sega mediante HotCat)
Malia que a [[Sega Master System]] resultara ser un éxito en Sudamérica e Europa, non conseguiu chamar a atención nos mercados norteamericanos ou xaponeses, que a finais dos oitenta estaban dominados por [[Nintendo]], cunha porcentaxe de mercado do 95% e 92% respectivamente. Coa esperanza de incrementar drasticamente a súa cota, Sega propúxose crear unha nova máquina que fose como mínimo tan poderosa coma o resto do hardwarse máis impresionante do mercado, o [[Commodore]] de [[16 bits]] de [[Amiga]] e os ordenadores domésticos da [[Atari ST]].
 
Posto que os xogos arcade de [[Sega System 16|System 16]] que Sega estaba fabricando eran moi populares, [[Hayao Nakayama]], daquela xefe executivo de Sega, decidiu facer que o novo sistema empregase unaunha estrutura de 16 bits. O deseño final resultou un éxito e encaixaba ben cos tres novos xogos arcade; o [[Mega-Tech]], o [[Mega Play]], e o [[System C]]. Calquera xogo arcade feito para estes sistemas podería fácil e rapidamente funcionar na nova videoconsola (un proceso coñecido como [[porting]]).
 
O primeiro nome que Sega pensou para a nova videoconsola foi MK-1601, mais decidiu utilizar o nome de "[[Sega Mega Drive]]". "Mega" tiña a connotación de superioridade, e "Drive" tiña a de velocidade e poder. Recibiron ese nome as versións da consola en [[Xapón]], [[Europa]], [[Asia]], [[Australia]] e [[Brasil]]. O nome nos Estados Unidos trocouse polo de Genesis debido a unha disputa pola marca rexistrada, mentres que a versión de [[Corea do Sur]] foi chamada Super Gam*Boy (삼성수퍼겜보이) e Super Aladdin Boy (transliteración de 수퍼알라딘보이; esta foi a versión coreana da Mega Drive 2). Esas consolas foron autorizadas e distribuidasdistribuídas por Samsung.
 
=== A posta á venda no Xapón ===
289.182

edicións