Master System: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 25:
[[Brasil]] foi un dos países onde a SMS tivo un maior éxito. Alí foi distribuída por [[Tec Toy]], unha compañía dese país, baixo licenza de Sega. Aquí foron lanzados novos modelos da Sega Master System despois da Master System II (SMS III, Master System Super Compact...), e algúns xogos foron traducidos ó [[lingua portuguesa|portugués]]. Os personaxes dalgúns deses xogos traducidos foron modificados por outros famosos nese país (por exemplo, ''[[Wonder Boy in Monster Land]]'' foi cambiado por [[Turma da Mônica|Mônica]], o personaxe principal dun cómic para nenos popular en Brasil, creado por [[Maurício de Sousa]]).
 
Máis tarde na súa vida en Brasil, varios xogos para a [[Game Gear]] tiveron conversión á Master System, e varios xogos orixinais brasileiros foron programados. Tec Toy tamén produciu unha versión baixo licenza do popular xogo de pelexas ''[[Street Fighter II]]''. A pesar das limitacións da consola, foi unaunha conversión moi lograda. Durante os días finais da Master System en Brasil, os xogos foron en xeral dirixidos cara os nenos.
 
A Sega Master System aínda é producida no Brasil. A última versión é a "Master System III Collection". Usa o mesmo deseño externo da Master System II, pero en cor branca, e vén en dous versións: unha con 74 xogos e outra con 105, integrados nunha [[memoria ROM]] interna. Pero xa son difíciles de obter as lentes 3D, a pistola e incluso cartuchos de xogos, polo que os brasileiros teñen que conformarse cos xogos incluídos.