Diferenzas entre revisións de «Master System»

sen resumo de edición
m (→‎Historia: Arranxos varios, replaced: en Xapón → no Xapón (3))
Sem resumo de edição
Nintendo tiña daquela o 90 % do mercado norteamericano. [[Hayao Nakayama]], entón CEO de Sega, decidiu non usar demasiado esforzo en dar promoción á consola nun mercado totalmente dominado pola NES. En [[1988]], os dereitos da Master System en Norte América foron vendidos a [[Tonka]], pero a súa popularidade seguiu en declive. Este movemento foi considerado moi negativo, xa que Tonka nunca fixera promoción dun sistema de videoxogos antes, e non sabía realmente que facer con el.
 
En [[1990]], Sega estaba tendo éxito cacoa súa [[Mega Drive]] (chamada Genesis nos Estados Unidos), e volveu facerse cós dereitos que tiña Tonka sobre a SMS. Deseñaron a Sega Master System II, redeseñando a consola, pero que tiña algunhas limitacións para manter os custos de produción máis baixos (eliminación do botón de reset, o slot para tarxetas da máquina orixinal etc). Sega fixo todo o posible para relanzar o sistema, pero non conseguiu o resultado que agardaba.
 
Para [[1992]], as vendas da Master System en Norte América eran xa totalmente nulas, e a súa produción foi detida. As vendas foron pobres no Xapón tamén, polo dominio do principal competidor, [[Nintendo]], e a súa [[NES]] ([[Famicom]] no Xapón).
358.697

edicións