Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 143:
== Muros na cultura popular ==
* ''Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros'' <ref>ANÓNIMO (1968): ''Cantigas do viño''. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). ''Aloque'' ou ''aloqueiro'' significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. ''Bucheiro'' pode significar barrigán, tripón; ou pescador de ''bucheiros'', nome local dos muxos.</ref>.
* ''Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño'' <ref>A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. </ref>.
* ''Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa'' <ref>Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. ''Tramalleiros'' son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. No texto: ''Montelouro''. </ref>.