Rabal, Oímbra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*pizarra>lousa
Isili0n (conversa | contribucións)
*Hercínico > herciniano.
Liña 16:
Máis da metade da superficie total de Rabal está situada a unha altitude que non supera os 400 m. O seu término é traspasado integramente de norte a sur polo [[río Támega]], que nace nas proximidades da [[Serra de San Mamede]]. Os montes que rodean a aldea de Rabal son O Penedo (386 m), Outeiro do Terrón (405 m) e Outeiro da Cruz (469 m).
 
Durante o [[Precámbrico]] a superficie do lugar formaba parte do fondo dos mares, o que deu lugar á composición de rochas como [[lousa]]s e cuarcitas que se viron afectadas, ó final do [[Paleozoico]], pola intrusión de [[granito]]s herciniánshercinianos. No [[Secundario]], a erosión, converteu todo este relevo en solo chan, e durante o pregamento alpino prodúcese a deformación do chan mediante fracturas e flexións. O relevo resultante viuse afectado posteriormente pola erosión continua a que se viu sometida durante miles de anos, como amosan os depósitos fluviais que alberga e dan lugar ás augas mineiro medicinais.
 
A temperatura media anual é de 12 ºC, pero a amplitude térmica é de 13 ºC, o que lle dá un matiz [[continental]]{{cómpre referencia}}. As precipitacións non son moi abundantes; sobre todo se fan máis presentes cara a finais de [[outono]] e principios de [[inverno]].