República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección das palabras erróneas "Alemania" e "alemana".
Liña 47:
As crecentes diferenzas económicas combinábanse co desenvolvemento de tensións políticas entre [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] (que culminaría no desenvolvemento da [[Guerra Fría]]) e manifestáronse no rexeitamento do SMAD en [[1947]] de participar no [[Plan Marshall]] norteamericano. En [[marzo]] de [[1948]], Estados Unidos, [[Reino Unido]] e [[Francia]] reuníronse en [[Londres]] e acordaron unir as zonas occidentais para establecer unha [[Alemaña Occidental|República alemá occidental]]. A Unión Soviética respondeu abandonando o Consello de Control Aliado e preparándose para crear un Estado alemán oriental. A división de Alemaña fíxose clara coa reforma monetaria introducida o [[20 de xuño]] de [[1948]], que se limitaba ás zonas occidentais. Tres días despois era introducida unha reforma diferenciada na zona soviética. A introdución do [[marco alemán]] nos sectores occidentais de Berlín contra o desexo do comandante supremo soviético, levou á Unión Soviética a impor o Bloqueo de Berlín nunha tentativa de gañar o control do conxunto de Berlín. Os aliados occidentais decidiron aprovisionar a cidade cunha ponte aérea, que duraría once meses, ata que a Unión Soviética abandonou o bloqueo o [[12 de maio]] de [[1949]].
 
Un decreto do SMAD de [[10 de xuño]] aprobaba o permiso para a formación de [[partido político|partidos políticos]] [[Democracia|democráticos]] e [[fascismo|antifascistas]] na zona soviética; as eleccións aos parlamentos rexionais dos estados estaban convocadas para [[outubro]] de [[1946]]. Unha coalición democrática-antifascista, que incluía ao [[Partido Comunista de Alemaña|Partido Comunista (''KPD'')]], ao [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|Partido Socialdemócrata (''SPD'')]], á recentemente creada [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|Unión Demócrata Cristiá (''CDU'')]], e ao [[Partido Liberal Democrático de Alemaña|Partido Liberal Democrático (''LDPD'')]] foi formada en [[xullo]] de [[1945]]. O KPD (con 600.000 militantes na zona oriental) e o SPD (con 680.000), unificáronse en [[abril]] de [[1946]] dando nacemento ao [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED''). Nas eleccións rexionais de outubro de 1946, o SED obtivo aproximadamente o 50% dos votos nos estados da zona soviética. En Berlín, que se atopaba dividida, o SPD opúxose á unificación e presentouse en solitario, obtendo o 48,7% dos votos, mentres a SED foi derrotado co 19,8%, quedando por baixo do SPD e a CDU. Cinco semanas despois da proclamación da occidental [[República Federal de Alemaña]], o [[7 de outubro]] de [[1949]], a Comisión Económica AlemanaAlemá (DWK) formou un goberno provisional e proclamou o establecemento da República Democrática Alemá. O [[comunismo|comunista]] [[Wilhelm Pieck]] foi elixido o seu primeiro Presidente.
 
=== Os primeiros anos (1949-1954) ===
Liña 81:
=== Política exterior (1967-1975) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-N1007-0018, Berlin, 25. Jahrestag DDR-Gründung, Parade.jpg|miniatura|esquerda|350px|XXV Aniversario da RDA, [[Berlín]], [[1974]].]]
A política exterior de Ulbricht entre [[1967]] e [[1971]] respondeu o comezo da época da distensión co Oeste. Aínda que isto ofreceu a Alemaña do Leste a oportunidade de superar o seu illamento en política exterior e gañar o recoñecemento de Occidente como Estado soberano, o líder do SED era remiso a perseguir unha política de achegamento a [[Alemaña Occidental]]. As dúas AlemaniasAlemañas conservaran o obxectivo da futura unificación; con todo, ambas continuaban irreconciliables por mor dos seus propios sistemas políticos. A [[Constitución]] de [[1968]] proclamou a vitoria do [[socialismo]] e remarcou o obxectivo nacional da unificación baixo liderado [[Comunismo|comunista]].
 
A finais dos [[1960|anos 60]], Ulbricht fixo do Consello de Estado o principal órgano gobernamental. O Consello, de 24 membros, multipartidista, encabezado por Ulbricht e dominado polo quince representantes do SED, xerou unha nova época de [[conservadorismo]] político. As políticas tanto interior como exterior dos anos finais da época Ulbricht reflectiron unha forte determinación cara a unha estratexia agresiva cara ao Oeste. En [[1967]] propuxo a [[Checoslovaquia]], [[Polonia]], [[Hungría]] e [[Bulgaria]] asinar tratados de asistencia mutua bilaterais con Alemaña Oriental. A Doutrina Ulbricht, por tanto asinada por estes países, determinoulles a rexeitar a normalización de relacións con Alemaña Occidental a menos que [[Bonn]] recoñecese formalmente a soberanía da RDA.