Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Hornacina > fornelo.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 46:
O '''Hospital Real de Santiago''', tamén coñecido como '''Grande Hospital Real de Santiago''' e, nos últimos tempos, como '''Hospital Xeral de Santiago''', ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os [[Reis Católicos]] a [[Santiago de Compostela]] en [[1492]], na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno [[hospital]].
 
Os peregrinos, ao presentaren ''A Compostela''<ref>A ''Compostela'' ou ''Compostelana'' é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e dado aos peregrinos cando acaban o seu percorrido. Para gañala necesítase andar un mínimo de cen quilómetros a pé ou a cabalo (200 km de ir en bicicleta), o que significa que o percorrido mínimo polo camiño francés empeza na vila de Sarria. Os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela teñen que mostrar a ''credencial'' do camiño, selada, que demostrará que andou e se hospedou nos lugares que esta mostra. Na Idade Media, a "compostela" era un modo de indulxencia que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, aínda que, de obterse nun Ano Santo compostelán, acadábase a indulxencia plenaria.</ref> dilixenciada, coa ''credencial'' debidamente cuberta<ref>A ''credencial'' do peregrino é un caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, cuxa finalidade é o seu selado un par de veces ao día (xa sexa en igrexas, albergues ou incluso en bares que teñen o seu propio selo), para que o peregrino consiga a acreditación necesaria para aloxarse nos albergues do Camiño.</ref><ref>[http://www.lossellosdelcamino.com/ Os selos do camiño] {{vl}} Consultada o 3/2/2012.</ref> adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo [[hospital]] refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos [[peregrino]]s ou seren [[asilos]] para os pobres. A palabra hospital deriva da [[latín|latina]] ''hospes'', que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de ''hospes'' pasou a ''hospitalia'', para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de ''hospitalia'' derivou ''hospital''.<ref>Outro substantivo derivado é ''hospitium'', que significa "hospitalidade", a relación entre o convidado e o que o acolle, co significado de amabilidade; de aí deriva '''hospicio'''. E os termos ''hospedaría'', ''hostal'', ''hospedaxe'', ''hospedeiro'' etc.</ref>
 
Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un ''Real Padroádego'' en [[1499]], que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do [[Reino de Granada]].
 
== Contexto ==
Liña 54:
Na [[Idade Antiga]] e na [[Idade Media]] non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben en torno a fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente [[cristianismo|cristián]] coma no [[Islam|mundo musulmán]].
 
Na idade de ouro da civilización islámica medieval aparecen os ''Bimaristan'', que están considerados como os primeiros hospitais, no sentido moderno do termo. Eran establecementos onde o mal se acollía con beneplácito os acollidos neles estaban a cargo de persoal cualificado. Polo tanto, os médicos musulmáns medievais foron os primeiros en faceren unha distinción entre un hospital e os diferentes tipos de institucións como os ''templos de sanación'', os ''templos do sono'', os ''hospicios'', os ''asilos'' ou os ''[[lazareto]]s'' para leprosos ([[lepra|leprosarías]]) que, na antigüidade, servía máis ben para illar aos enfermos e aos tolos da sociedade, "en lugar de ofrecerlles esperanza dunha curación real". Os ''Bimaristans'' medievais, por tanto, considéranse como os primeiros hospitais no sentido moderno da palabra.<ref>
Micheau, Francoise (2004): ''The Scientific Institutions in the Medieval Near East'', páxs. 991-992.</ref> Os primeiros hospitais públicos,<ref name="Barrett">Peter Barrett (2004), ''Science and Theology Since Copernicus: The Search for Understanding'', páx. 18, Continuum International Publishing Group, ISBN 0-567-08969-X.</ref> os primeiros hospitais psiquiátricos,<ref name="Ibrahim B. Syed PhD p. 2-9">Ibrahim B. Syed PhD, "Islamic Medicine: 1000 years ahead of its times", The Islamic Medical Association of North America, ''Journal of the Islamic Medical Association'', 2002 (2), páxs. 2-9 [7-8].</ref> as escolas de medicina e as universidades tamén foron introducidas polos médicos musulmáns medievais.
 
Liña 79:
O Hospital Real construíuse co fin de dar servizo aos peregrinos, aínda que a maioría dos usuarios, debido á declinación das peregrinacións a partir do [[século XV]], procedían de Santiago e a súa contorna. A partir das ''constitucións de Carlos V'', no ano [[1524]], o hospital pasou a denominarse '''Grande Hospital Real de Santiago'''.<ref>[http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/resultados_navegacion.cmd?busq_autoridadesbib=BDGA20090013056 Galiciana Dixital] Consultada o 3/2/2010.</ref>
 
Os claustros iniciais foron modificados en estilo renacentista por [[RodigoRodrigo Gil de Hontañón]].
En [[1678]] [[Frei Tomás Alonso]], o mesmo que consistiu as balconadas barrocas que que sustentan o coro de [[San Martiño Pinario]], a cuasa dun posíbel derrubamento, reforma a fachada renacentista introducindo unha gran balconada apoiada sobre grandes ménsulas profusamente adornadas coa característica exuberante decoración vexetal, e tres novas ventás.
 
Liña 88:
Coa desaparición do Real Padroádego e as [[desamortización]]s de [[Mendizábal]] e [[Madoz]], o Hospital perde as súas rendas, pasando a depender das catro [[Deputación|Deputacións provinciais]] de Galicia e, a partir de [[1880]], a da [[A Coruña|Coruña]] é a única institución responsábel do mesmo.
 
O ano [[1953]], o ''[[Instituto Nacional de Previsión]]'', dependente do [[Ministerio de Igualdade de España|Ministerio de Traballo]], constrúe un novo edificio na rúa Galeras, a onde o Hospital se traslada ese mesmo ano, abandonando o antigo edificio, que actualmente é o [[Hostal dos Reis Católicos|Hotel dos Reis Católicos]] (antes ''Hostal dos Reis Católicos''). A distribución do novo edificio era: un andar dedicado ás necesidades de atención da Deputación da Coruña, medio andar aos pacientes do ''[[Seguro Obrigatorio de Enfermidade]]'', e o resto das instalacións utilizábanse como [[Hospital|Hospital Clínico]].
 
En [[1972]] a [[USC|Facultade de Medicina]] constrúe un segundo edificio unido ao anterior para atender aos pacientes da [[Seguridade Social]], en virtude dun acordo establecido entre ambas as institucións, pasando o primeiro edificio a ser utilizado exclusivamente como Hospital Provincial
Liña 121:
 
=== Patios ===
Dos catro patios que rodean a capela, dous [[arte gótica|góticos]] e dous [[barroco]]s, os dous primeiros son os do deseño orixinal de Henrique Egas, e son coñecidos como patio de San Xoán e patio de San Marcos. Os dous barrocos recibiron os nomes dos restantes [[Evanxeo|evanxelistas]] da [[Igrexa Católicacatólica]], patio de San Lucas e patio de San Marcos.
 
A capela foi declarada [[Monumento Histórico-Artístico]] en [[1912]], e o conxunto do edificio en [[1931]].