Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
*Hornacina > fornelo.
Liña 105:
A decoración da portada responde ás características do [[Plateresco]], que se pon de manifesto na utilización de repertorios decorativos italianos nun edificio onde persiste un espírito [[arquitectura gótica en Galicia|gótico]], entendido como unha negación da idea de orde e proporcións propios da normativa clásica: tratábase de dar solucións que tiñan como obxectivo dotar a estas obras dun aspecto moderno respecto ao contexto para o que foron deseñadas.<ref>[http://www.arteistoria.jcyl.es/artesp/monumentos/592.htm Artehistoria] {{es}} Consultada o 3/2/2010.</ref>
 
Respecto á parte artística, o proxecto de Egas inscríbese no [[estilo isabelino]], que incorpora elementos tradicionais do [[gótico flamíxero]], con novidades estéticas renacentistas e elementos decorativos clásicos. A parte máis avanzada desde este punto de vista constitúea a fachada principal, concibida como unha especie de gran retablo, cuxo eixe central está formado pola porta de arco de medio punto abucinada (o cal a relacionaba esteticamente cos edificios románicos que a rodeaban). Ao longo da mesma encontramos hornacinasfornelos, frisos de reis, figuras diversas, entre as que destacan as de [[Adán e Eva]].
 
Nas [[pendente (arquitectura)|pendentes]] da porta principal sitúanse medallóns coas efixies de [[Isabel I de Castela|Isabel]] e [[Fernando II de Aragón|Fernando]], doadores do edificio. A ambos os lados da portada-retablo, Egas situou dous balcóns baixo os que colocou grandes escudos, elemento decorativo característico do estilo [[plateresco]] do primeiro terzo do [[século XVI]] en España. Dos diversos elementos exteriores, pódese destacar o [[beirado]] que coroa a fachada principal e parte das laterais, posto que constitúe unha das mostras máis ricas do renacemento español, sobresaíndo as gárgolas, non só como elemento de desaugamento, senón como complemento estético.