Diferenzas entre revisións de «Asociación Pola Defensa da Ría»

*Deterioro > deterioración.
(*Deterioro > deterioración.)
[[Ficheiro:APDR.jpg|200px|dereita|miniatura|Marcha contra a concesión da licenza medioambiental por parte da Xunta á planta de ENCE]]A '''Asociación Pola Defensa da Ría''' ('''APDR''') é unha asociación ecoloxista de [[Pontevedra]]. Conta cuns 500 socios.
 
Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante oa grave deteriorodeterioración ambiental da [[ría de Pontevedra]] e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de [[eucalipto]].
 
Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunicacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.
10.315

edicións