Visgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Aforquillado > gallado.
Liña 21:
Planta [[Semiparasitismo|semiparasita]] que medra sobre as pólas de diversas árbores, principalmente especies de [[folla caduca]], como [[maceira]]s, [[Carballo común|carballos]] ou [[Populus|chopos]], mais tamén sobre algunhas variedades de [[Pinus|piñeiros]].
 
Os seus talos [[Bifurcación|dicotómicos]] poden chegar a medir até 1 metro e divídense desde a base en varias franzas, espalladas, aforquilladasgalladas, cilíndricas e divididas en nós. As [[folla]]s, de cor amarela verdosa e entre 2 a 8 cm de longo por 0,80 a 2,5 cm de largo, dispóñense en pares opostos, son lanceoladas, enteiras e de textura correosa. As [[flor]]es son miúdas (2–3 mm de diámetro) son [[dioica]]s e tamén de cor amarela verdosa.
 
O [[froito]] é unha [[baga]] pequena, verde cando está inmatura e despois translúcida, de cor alba ou amarela. O [[mesocarpio]] contén unha polpa mesta con unha (raramente varias) [[semente]]s que madura a finais do outono. Non é unha baga comestíbel.