Pensilvania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *estadal
Liña 263:
Inicialmente, a gran maioría das [[escola]]s de Pensilvania estaban administradas por entidades relixiosas. A primeira destas escolas relixiosas foi instituída a mediados da década de 1640, por [[Suecia|suecos]] [[luterano]]s. En [[1834]], unha lei aprobada polo estado instituíu a obrigatoriedade do ensino a todos os nenos entre 6 e 16 anos. Tamén instituíu escolas públicas, para o ensino de nenos de pais pobres.
 
Actualmente, todas as institucións educativas en Pensilvania precisan seguir regras e normas ditadas polo Consello EstadalEstatal de Educación. Este consello controla directamente o sistema de escolas públicas, que está dividido en diferentes [[distrito escolar|distritos escolares]]. O Consello está composto por 21 membros, 17 deles escollidos polo gobernador e 4 pola Asemblea Lexislativa, por ata 4 anos de duración. Cada cidade primaria (''city''), diversas cidades secundarias (''towns'') e cada condado, é servida por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade de administrar as escolas é do distrito escolar municipal, en tanto que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Todos as [[neno]]s e [[adolescente]]s entre 6 e 16 anos de idade deben asistir á escola.
 
En [[1999]], as escolas públicas do estado atenderon a 1.817.000 estudantes, empregando aproximadamente 114.500 [[profesor]]es. As escolas privadas atenderon a 339.500 estudantes, empregando aproximadamente 24.500 profesores. O sistema de escolas públicas do Estado consumiu preto de 13.532 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas por estudante é de aproximadamente 8.000 dólares.