Massachusetts: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
remato
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 269:
A primeira escola de Massachusetts foi fundada en [[1635]] polos puritanos. Esta escola foi a primeira escola de segundo grao (''high school'') dos Estados Unidos. En [[1647]], a Compañía da Baía de Massachusetts instituiu unha lei que ordenaba a todos os asentamentos con máis de 50 familias a construción de ao menos unha escola pública primaria (''elementary school''). Tales escolas serían mantidas polo goberno da colonia. Esta acción da compañía é o primeiro caso rexistrado na historia da educación, onde o goberno se responsabilizaba da educación dos [[neno]]s.
 
En [[1852]], o xa estado de Massachusetts obrigou que todos os nenos pasasen a frecuentar a escola, sendo o primeiro estado americano en facer isto. Actualmente, todos os nenos entre 6 e 15 anos de idade precisan frecuentar a escola. En tempos actuais, regras e padróns no sistema de escolas públicas son ditadas polo Departamento de Educación. O sistema de escolas públicas está considerado o segundo mellor do país. O estado tamén posúe varias das mellores escolas privadas do país. Os sistemas escolares públicos son mantidos a través de impostos cobrados por estes sistemas escolares e por fondos recibidos do goberno estadalestatal.
 
A primeira biblioteca en territorio americano foi inaugurada en [[1638]], na ''Facultade Havard'', actualmente a ''[[Universidade Harvard]]''. Esta biblioteca é actualmente a maior biblioteca universitaria do mundo, con máis de 14 millóns de referencias. O estado posúe actualmente aproximadamente 460 bibliotecas públicas.