Gran Ducado de Toscana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 103:
O Gran Ducado de Toscana, con máis de 250 anos de historia, foi disolvido pola diplomacia napoleónica e, xunto coa [[República de Lucca]], serviu para crear o [[Reino de Etruria]] polo [[Tratado de Aranjuez (1801)|tratado de Aranjuez]] de [[21 de marzo]] de [[1801]] entre Francia e España, en favor de [[Luís I de Borbón-Parma|Luís I de Parma]] e a súa descendencia, con cláusula de reversión á familia real española en caso de que non houbera descendencia.
 
Etruria foi cedida a Francia polo tratado secreto de [[Fontainebleau]] de [[27 de outubro]] de [[1807]], e integrada no [[Imperio francés|Primerio Imperio francés]], con [[Parma]] e [[Plasencia (Italia)|Piacenza]] por decreto do [[24 de maio]] de [[1808]]. O [[2 de marzo]] de [[1809]], o ''Goberno Xeral'' dos tres departamentos que se formaron en Toscana (Departamentos de [[Arno]], [[Mediterráneo]] e [[Ombrone]]) foi elevado a ''Gran dignidade do Imperio'', e atribuída a [[Elisa Bonaparte]], irmá de [[Napoleón]]. Non se pode propiamente falar dun [[Gran Ducado]] soberano, xa que [[Toscana]] formaba parte do Imperio francés, senón máis ben dun título honorífico.<ref>[http://www.histoire-empire.org/noblesse/grands_ducs.htm www.histoire-empire.org]</ref>.
 
== Restauración e unión ao Reino de Italia ==