Reino de Italia (1805-1814): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 1:
{{outroshomónimos|Reino de Italia}}
{{País_desaparecido
{{en uso}}
{{país_desaparecido
|nome_oficial = <small>''Regno d'Italia'' <small>{{it}}</small></small>
|nome_completo = Reino de Italia
Liña 27 ⟶ 26:
|idioma_oficial = [[Lingua italiana|Italiano]], [[Lingua lombarda|lombardo]] e [[Lingua véneta|véneto]]
|relixión =
|goberno = [[Monarquía|Monarquía constitucional]]
|título_líder = [[Rei|Rei de Italia]]
|líder1 = [[Napoleón Bonaparte]]
Liña 67 ⟶ 66:
Abranguía principalmente as rexións italianas da [[Lombardía]], a [[Emilia-Romaña]] e tamén, en menor medida, o [[Véneto]] e a [[Toscana]].
 
O reino foi disolvido tras a abdicación de Napoleón en [[1814]] (e a inmediatamente anteriorposterior do seu xenro e vicerrei) como consecuencia da derrota final do emperador na [[batalla de Waterloo]], que puxo fin ás [[Guerras Napoleónicas]].
 
O Reino napoleónico de Italia foi considerado pola historiadora anglo-italiana Jessie White como o embrión do estado unitario italiano establecido en [[1861]].<ref>White Mario, Jessie (2016): ''Garibaldi ed i suoi tempi''. Capítulo 2º. Charleston, South Carolina, USA: Nabu Press. ISBN 978-1-2723-3143-6.</ref> <ref>Esta edición é unha reimpresión da 1ª edición, publicada en 1884 en Milán por Fratelli Treves.</ref>
 
== Historia ==
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Andrea Appiani 002.jpg|miniatura|esquerda|230px|[[Napoleón Bonaparte]], rei de Italia, por [[Andrea Appiani]].]]
[[Ficheiro:EugeneBeau.jpg|miniatura|esquerda|230px|[[Eugènie de Beauharnais]].]]
 
O [[17 de marzo]] de [[1805]] foi creado o Reino de Italia e, o [[26 de maio]] dese ano. [[Napoleón]] foi coroado como rei.
 
Napoleón, que se proclamara no [[Senado de Francia|Senado]] [[Imperio|emperador dos franceses]], facéndose coronar polo [[Pío VII, papa|papa Pío VII]], trasformou a precedente [[República Italiana (1802-1805)|República Italiana]] en Reino de Italia proclamándose rei.
 
A coroación de Napoleón como rei de Italia produciuse o 26 de maio de 1805 na [[Catedral de Milán]] (capital do Reino), coa antiga [[Coroa de Ferro]] dos [[Monarca|soberanos]] [[longobardo]]s custodiada na Catedral de [[Monza]], pronunciando a famosa frase "Dio me l'ha data, guai a chi la tocca" (Deuma Deus, hai de quen a toque!).<ref>[http://www.treccani.it/vocabolario/dio-me-l-ha-data-guai-a-chi-la-tocca/ Dio me l'ha data, guai a chi la tocca], no ''Vocabolario on line Treccani''.</ref>
 
O 5 de xuño foi nomeado vicerrei de Italia [[Eugène de Beauharnais]], fillo da primeira esposa de Napoleón [[Xosefina de Beauharnais|Xosefina]], no que [[Napoleón|Bonaparte]] confiaba cegamente, e que estaba seguro de non ter que temer a consecución dos seus obxectivos políticos. O vicerrei estableceu a súa residencia en Monza.
 
Pola [[paz de Presburgo]] do [[26 de decembro]] de [[1805]], [[Austria]] renunciou a [[Gorizia]] e á [[Venecia|Provincia Véneta]].
 
Pola [[convención de Fontainebleau]], do [[10 de outubro]] de [[1807]], o Reino de Italia napoleónico cedeu [[Monfalcone]] a Austria gañando a cidade de [[Gradisca d'Isonzo|Gradisca]].<ref>[http://www.maas.ccr.it/h3/h3.exe/aguida/d50401 «Atti amministrativi di Gorizia», 1803-1809, bb. 102., vol. IV, páx. 764].</ref><br> Establecíase así a nova fronteira no río [[Isonzo]].
[[Ficheiro:1807KingdomItaly.jpg|miniatura|280px|O Reino de Italia en [[1807]], cando incluía [[Istria]] e [[Dalmacia]], antes na [[República de Venecia]].]]
 
O Reino de Italia incluía a final do ano de [[1806]] todos os territorios [[Adriático|adriátcos]] pertencentes á antiga [[República de Venecia]], é dicir, tanto [[Istria]] como [[Dalmacia]].
 
En [[1808]] o xeneral Marmont anexionou tamén o territorio da [[República de Ragusa]]. Durante case dous anos [[Dubrovnik|Ragusa]] (hoxe [[Dubrovnik]]) foi parte de Italia e, por decreto do gobernador Vincenzo Dandolo, o italiano, xa utilizado en séculos anteriores xunto co [[latín]], foi a lingua oficial da administración e das escolas, como en toda a Dalmacia.
 
En [[1809]] foron separados do Reino os territorios de [[Istria]], [[Dalmacia]] e das [[Kotor|Bocas de Cátaro]] (ademais de Ragusa, recentemente incorporada) para formaren coas cidades austríacas de [[Gorizia]] e [[Trieste]], baixo control francés, as [[Provincias ilirias]], con capital na cidade [[Eslovenia|eslovena]] de [[Liubliana]], e que foron incorporadas ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio francés]].
 
En consecuencia, os límites do Reino de Italia chegaban ao río Isonzo e o norte de [[Bolzano]] (co [[Trentino-Tirol do Sur|Trentino]] enteiro). O vicerrei Eugène de Beauharnais opúxose rotunda, pero inutilmente, á cesión de Istria e Dalmacia ás Provincias ilíricas.<ref>[http://www.coordinamentoadriatico.it/files/vicere.jpg Documento orixinal do vicerrei Eugène de Beauharnais].</ref>
 
=== O Consello do Estado ===
[[Ficheiro:Iron Crown.JPG|miniatura|200px|A Coroa de Ferro dos [[longobardo]]s.]]
[[Ficheiro:Regno d'Italia - 40 lire 1812.jpg|miniatura|200px|Moeda de 40 [[Lira italiana|liras]].]]
O Consello do Estado foi o órgano central do Reino deItalia, costituído por Real Decreto do [[9 de maio]] de [[1805]]. Mediante unha disposición do [[5 de xuño]] seguinte, foron delimitadas a súa organización e as súas competencias.
 
O Consello, presidido polo rei ou, na súa ausencia, por un Grande Oficial da Coroa, estaba constituído por altos funcionarios e asumía todas as competencias, pero a súa voz era meramente consultiva, xa que o [[poder executivo]] seguía estando firmemente nas mans do soberano.
 
Segundo o texto da Lei fundacional, o Consello debía estar formado por 35 membros elixidos e nomeados polo rei, entre os cales figuraban os Grandes Oficiais da Coroa, é dicir, o Chanceler de Xustiza [[Francesco Melzi d'Eril]], o Gran Limosneiro e arcebispo de [[Rávena]] [[Antonio Codronchi]], o Gran Mordomo Maior [[Guiseppe Fenaroli Avogadro]], o Gran Chambelán [[Antonio Litta Visconti Arese]] e o Gran Escudeiro [[Carlo Montecuccoli Caprara]].
 
Foron tamén chamados a formar parte do Consello os ministros e os membros do Consello Lexislativo. O órgano dovidíase en cinco seccións: dereito, finanzas, guerra, interior e cultoa, aos que pertencían todos os membros, coa excepción dos Grandes Oficiais da Coroa e os ministros. Como Secretario foi designado [[Giuseppe Compagnoni]]. O Ministro de Xustiza foi [[Giuseppe Luosi]], o primeiro promotor da codificación en Italia.
 
Do Consello do Estado, dotado dun Secretario Xeral e algúns substitutos, formaban parte tamén os mesmos ministros, que tamén podían asistir ás reuniónes dos Consellos dos Consultores, Lexislativo e dos Auditores, cando se trataban asuntos relativos aos seus departamentos.
 
O Consello de Estado declarouse cesado pola proclama do Comisario Plenipotenciario [[Austria|austríaco]] conde de [[Heinrich von Bellegarde|Bellegarde]], o [[25 de xullo]] de [[1814]].<ref name = archivi>[http://www.lombardiabeniculturali.it/istituzioni/storia/?unita=04.05 Regno d'Italia - Archivi storici - Lombardia Beni Culturali].</ref>
 
=== A Guardia Real Italiana ===
Por iniciativa do Ministro da Guerra, o [[17 de xullo]] de [[1805]], despois da proclamación do Reino de Italia, as Guardias de Honor cidadás foron disoltas co fin de establecer a "Guardia Real Italiana" nos territorios do novo Reino de Italia.
 
A Guardia Real Italiana, armada con mosquetóns Charleville de 1777, estaba costituída po 6 rexementos de ifantaría de liña, 3 rexementos de infantaría lixeira, un rexemento de infantaria dálmata, 2 rexementos de dragóns e 2 rexementos de cazadoes a cabalo.
 
Un pequeno continxente de tropas italianas da ''[[Grande Armée]]'', da "Guardia Real Italiana", participou nas [[Guerras Napoleónicas]], en particular:
* en [[1808]], ao mando de [[Giuseppe Lechi]], na [[Guerra da Independencia española]];
* en [[1809]], nos Alpes, ao mando do vicerrei Eugène de Beauharnais, na campaña contra [[Austria]], que se unira á [[Quinta Coalición]], e
* e en [[1812]] na campaña de Rusia.
O pequeno continxente do Reino de Italia inicialmente operou unicamente en Italia canda as tropas francesas do mariscal [[André Masséna]].<ref>Lucio Ceva (1976): "Questa era la Grande Armèe", na ''Storia Illustrata'', páx. 56: «En 1805 o único "satélite" de relevo era o Reino de Italia, cuxo pequeno continxente actúa case exclusivamente en Italia mesturado coas forzas francesas do mariscal Masséna».</ref>
 
=== Caída ===
 
O Reino de Italia deixou de existir en [[1814]] co fin do período napoleónico. O [[6 de abril]] de [[1814]], Napoleón declarou que estaba disposto a abdicar, acto que formalizou o día 11 no seu fillastro e vicerrei. O día 16 Beauharnais comunicou que concluíra un armisticio co mariscal de campo [[Austria|austríaco]] [[Heinrich von Bellegarde]], aínda que esperaba que o seu trono se salvaría da derrota de Napoleón.
 
Despois dos disturbios milaneses do [[20 de abril]], co linchamento do Ministro de Finanzas [[Giuseppe Prina]] pola turba enfurecida, Beauharnais entendeu porén que non tiña o apoio da poboación. A xente identificábao cos detestados franceses e así, o 26 de abril abdicou, deixando o seguinte día Italia para retirarse ao exilio en [[Baviera]] cos seus sogros (estaba casado con [[Augusta de Baviera]], filla de [[Maximiliano I de Baviera|Maximiliano de Baviera]], conde —e despois rei— de Baviera).
 
Pero o [[Congreso de Viena]] compensou a Eugène de Beauharnais, baixo os auspicios do [[tsar]] de [[Rusia]], cun substancial patrimonio nas [[As Marcas|Marcas]]: 2.300 granxas e 137 palacios urbanos que foran expropiados durante o período napoleónico aos [[Estados Pontificios]].
 
O [[25 de maio]], asumindo a Presidencia da [[Rexencia]] do goberno provisional, Heinrich von Bellegarde proclamou en Milán o cesamento legal do Reino.
 
== Divisón administrativa ==
 
En [[1806]] o territorio do Reino de Italia foi dividido en seis Divisións Territoriais Militares con mando en [[Milán]], [[Brescia]], [[Mantua]], [[Ancona]], [[Venecia]] e [[Boloña]].
 
O Reino de Italia, derivado inicialmente da [[República Cisalpina]] (resultado da fusión da [[República Cispadana]] coa [[República Transpadana|Transpadana]]) e sucesivamente da [[República Italiana (1802-1805)|República Italiana]]<ref>[http://www.lombardiabeniculturali.it/istituzioni/storia/?unita=04.04 Università di Pavia: Repubblica napoleonica d'Italia]</ref>, foi obxecto de numerosas modificacións nas súas subdivisións. Isto foi debido á inestabilidade das súas fronteiras, que chegaron algúns anos até Cátaro ([[Kotor]]), no actual [[Montenegro]]). A última modificación foi a de maio de 1810.
 
{{Cita|''Con decreto 28 maggio 1810 furono infine riuniti al regno d'Italia il Trentino e il Tirolo meridionale (con Bolzano), i quali, ceduti dalla Baviera alla Francia, andarono a formare il dipartimento dell'Alto Adige, con capoluogo Trento. Al termine di queste trasformazioni, il territorio del regno si estendeva dalla Sesia all'Isonzo, dal Brennero agli Abruzzi, dal confine austriaco a quello del regno di Napoli. I suoi abitanti, al contempo, erano passati dai circa 3.800.000 del 1805 agli oltre 6.700.000 del 1813, cioè a più di un terzo della popolazione stimata nell'intera penisola italiana.''<ref>Università di Pavia: Riassunto storico-amministrativo del Regno d'Italia.</ref>}}
 
{{Cita|''Por decreto de 28 de maio de 1810 foron finalmente unidos ao Reino de Italia o Trentino e o Tirol meridional (con Bolzano), os cales, cedidos por Baviera a Francia, pasaron a formar o departamento do Alto Adige, con capital en Trento. Ao termo desta transformación, o territorio do Reino estendíase do Sesia ao Isonzo, do Brennero aos Abruzos, do confín austríaco ao do Reino de Nápoles. Os seus habitantes, mentres tanto, pasaron de preto dos 3.800.000 que tiña en 1805 aos 6.700.000 do 1813, isto é, a máis de un terzo da poboación estimada de toda a penísula italiana.''}}
 
No máxmo da súa extensión na [[península Itálica]], en [[1812]], o Reino de Italia contaba con 24 departamentos:
 
[[Ficheiro:Norditalien und Mittelitalien 1799.jpg|miniatura|260px|[[República Cisalpina]] en 1799 (en verde).]]
[[Ficheiro:1french-empire1811.jpg|miniatura|260px|Departamentos do Reino de Italia en 1811 en rosa. (Para velos, agrandar o mapa).]]
 
'''Departamentos (Capital)'''
* Adda ([[Sondrio]])
* Adige ([[Verona]])
* Adriático ([[Venecia]])
* Agogna ([[Novara]])
* Alto Adige ([[Trento]])
* Alto Po ([[Cremona]])
* Bacchiglione ([[Vicenza]])
* Basso Po ([[Ferrara]])
* Brenta ([[Padua]])
* Crostolo ([[Reggio Emilia]])
* Lario ([[Como]]))
* Mella ([[Brescia]])
* Metauro ([[Ancona]])
* Mincio ([[Mantua]])
* Musone ([[Macerata]])
* Olona ([[Milán]])
* Panaro ([[Módena]])
* Passariano ([[Udine]])
* Piave ([[Belluno]])
* Reno ([[Boloña]])
* Roma ([[Roma]])
* Rubicone ([[Forlì]])
* Serio ([[Bérgamo]])
* Tagliamento ([[Treviso]])
* Tronto ([[Fermo]])
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Chandler, David G. (1995): ''The Campaigns of Napoleon''. New York: Simon & Schuster, 1995. ISBN 978-0-02-523660-1.
* Fratesi, Mario (2004): ''Il Principe e il Papa. L'Appannaggio Beauharnais e lo Stato Pontificio'', Editore Comune di Camerata Picena.
* Pagano, Emanuele (2007): ''Enti locali e Stato in Italia sotto Napoleone. Repubblica e Regno d'Italia, 1802- 1814''. Roma: Carocci. ISBN 978-88-430-4310-1.
* Zaghi, Carlo (1989): ''L'Italia di Napoleone'' Roma: Ed. UTET Roma. ISBN 978-88-7750-111-1.
 
=== Ouros artigos ===
* [[República Italiana (1802-1805)]]
* [[Guerras Napoleónicas]]
 
=== Logazóns externas ===
* [http://napitalia.org.uk/ ''Napitalia. The Eagle in Italia''] {{en}}, {{it}}.
 
{{Control de autoridades}}