Ruínas de San Domingos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Igrexa de Santo Domingo de Pontevedra 002.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista exterior das ruínas.]]
[[Ficheiro:Ruinas de Santo Domingo, Pontevedra.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista xeral segundo se accede ás ruínas: á esquerda, as capelas; ó fondo, a sancristía; á dereita, o acceso á sala capitular.]]
As '''ruínas de San Domingos''' constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do [[Museo Provincial de Pontevedra]]. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa [[arquitectura gótica|gótica]] do que no seu día foi o Conventoconvento de San Domingos.
 
Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco [[capela]]s correspondentes ó brazo transversal do [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.
Liña 12:
Os [[dominicos]] chegaron a [[Pontevedra]] a finais do século [[XIII]] e fundaron o convento cara a [[1281]], na [[A Moureira, Pontevedra|Moureira]], nas proximidades da [[muralla]] que pechaba a cidade na [[Idade Media]], onda a porta do mesmo nome, pero pronto se trasladaron ó lugar onde hoxe quedan os restos do edificio. As obras da cabeceira comezaron en [[1304]] ou [[1305]] pero a partir de 1380 substituíronse pola obra actual, que non se rematou ata o [[século XV]]. A finais do [[século XVIII|XVIII]] decidiuse reformar a igrexa mediante unha nova nave, [[neoclasicismo|neoclásica]], que substituiría a antiga igrexa gótica. Esta reconstrución, que ía dirixir [[Álvarez Reguera]], viuse fanada en [[1835]], cando o Estado aprobou a chamada [[desamortización]] de [[Mendizábal]] e puxo en venda as posesións das ordes relixiosas, incluída igrexa e convento de San Domingos.
 
O [[8 de decembro]] de [[1836]] pecha o convento <ref>Rematada a exclaustración houbo intentos de restaurar o convento, pero non frutificaron.</ref> e a partir deste momento, o edificio entrou nun longo proceso de ruína e deterioración progresivos. En [[1840]] a ''Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos da Provincia de Pontevedra'' cédeo ó Concello, que o dedica a Casa de Asilo; posteriormente dedicouse a [[centro penitenciario|cárcere]], hospicio, escola infantil, cuartel e teatro, pero sen realizar labores de mantemento que evitaran a progresiva ruína. Mesmo en [[1846]] aprovéitase a pedra para pavimentar as rúas de Pontevedra.
 
[[Filgueira Valverde]] recolleu o seguinte texto do historiador pontevedrés Gonzalo de Zúñiga que, en 1846 se refería así ás lápidas e sepulcros que se conservaban:
Liña 22:
 
== Recuperación ==
Aínda que a [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] non se constituíu formalmente ata o [[15 de agosto]] de [[1894]] <ref>A constitución da Sociedade foi, de feito, pioneira no panorama cultural galego: a [[Real Academia Galega]] naceu en 1905 e o [[Seminario de Estudos Galegos]] en 1923.</ref>, baixo a presidencia de [[Casto Sampedro Folgar|Casto Sampedro]], xa desde anos antes levou adiante algunhas actividades en prol da conservación histórica e artística de Pontevedra. Canto ás actividades dirixidas á [[conservación e restauración|conservación]] das ruínas de San Domingos cómpre destacar a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de '''1886''' (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade Arqueolóxica, dan a data de '''1889''' (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta [[Roxelio Lois Estévez]], daquela director de ''[[O Galiciano]]'', Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ''ocupación'' das ruínas, a piques de ser derrubadas definitivamente. Nesta xuntanza tomaron as ruínas como sede da Sociedade e procederon a limpalas de entullos e lixo e ó seu peche cun valado.
 
A consecuencia desta reivindicación foi a declaración como Monumento Nacional do que nese momento se conservaba das ruínas -o—o que hoxe podemos ver-ver—, o [[14 de agosto]] de [[1895]]. San Domingos convertíase así no primeiro Monumento Nacional da provincia de Pontevedra.
 
Os debuxantes da Sociedade Arqueolóxica recolleron así o estado das ruínas nesa época:
<Gallerygallery>
Ficheiro:San Domingos, Alcoverro 02.jpg|[[Federico Alcoverro López|Federico Alcoverro]], 1915.
Ficheiro:San Domingos, Enrique Campo 01.jpg|[[Enrique Campo]], 1908.
Ficheiro:Alcoverro, pinturas en San Domingos 01.jpg|Alcoverro, 1909.
Ficheiro:Alcoverro, pinturas en San Domingos 02.jpg|Alcoverro, 1909.
</Gallerygallery>
 
{{cita|"''Precisamente un deses edificios sentenciados a unha lenta morte ao longo do século XIX e salvado no último momento do seu derrubamento total polo empeño de Sampedro e outros colaboradores foron as Ruínas de San Domingos, que se converteron deste xeito no «buque insignia» da Arqueológica, tanto polo seu valor histórico-artístico coma por seren o núcleo onde se concentraban e expoñían as coleccións de obxectos que a Sociedad conseguía rescatar do esquecemento''"|Museo de Pontevedra [http://www.museo.depo.es/persoeiros/casto.sampedro/ga.99000200.html]}}
 
En [[1903]] comezan as obras do Instituto de Pontevedra (actual [[IES Valle-Inclán]]), a carón das ruínas, sobre o terreo que ocupaba o convento. Entón, a Sociedade Arqueolóxica solicitou que se lle reservase un espazo na planta baixa, pero a sala que lle deixaron era insuficiente para os fondos que necesitaba expor. En [[1945]] esta sala foi permutada por un pequeno patio e parte do soto do instituto.
Liña 68:
 
Entre os sepulcros expostos destacan os de [[Paio Gómez de Soutomaior]]. Tamén estaba exposto o do seu fillo [[Suero Gómez de Soutomaior|Suero]], hoxe no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
<Gallerygallery>
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-37.JPG|Sepulcro de Paio Gómez de Soutomaior.
Ficheiro:Escultura funerariar.jpg|
Ficheiro:Tomb of Frei Domingo de Liñares (1406).jpg|Lápida de Frei Domingo de Liñares.
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-45.JPG|Laudas gremiais, procedentes da igrexa de San Bertomeu o Vello .<ref>A terceira lauda, correspondente ó gremio dos carniceiros, está hoxe exposta no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.</ref>
</Gallerygallery>
A colección de escudos heráldicos exposta en San Domingos está formada por 14 labras situadas no exterior, entre os ocos que deixan os contrafortes das capelas; e 49 no interior do recinto.
<gallery>
Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-55.JPG|Escudo de Tristán de Montenegro. Procede das Torres de Montenegro, que se levantaban onda a [[Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra|basílica de Santa María]].
</gallery>
No interior expóñense pezas de moi diversa orixe: estatuas relixiosas, capiteis e bases de columnas, relevos diversos, baldaquinos, tímpanos etc.
<gallery>
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-40.JPG|Tímpano procedente da igrexa de San Martiño de Moaña.
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-25.JPG|Baldaquino procedente do [[Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón|Mosteiromosteiro de San Pedro de Dozón]].
</gallery>