Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño corrector
Liña 33:
Mentres tanto, na política, os [[goberno]]s van perdendo atribucións ante o que se denominou [[sociedade rede]], o activismo cada vez xira máis en torno ás [[redes sociais]], estendeuse a transición á [[democracia]] contra os réximes despóticos, e en políticas públicas destacan os esforzos para a transición ao capitalismo nalgunhas das antigas [[dirixismo|economías dirixidas]] e a transición do [[feudalismo]] ao [[capitalismo]] en economías subdesenvolvidas de algúns países aínda que con diferentes graos de éxito. Xeopolíticamente o mundo debátese entre a unipolaridade da [[superpotencia]] estadounidense e o xurdimento de novas potencias rexionais, e en relacións internacionais o [[multilateralismo]] e o [[poder brando]] volvesen os mecanismos máis aceptados pola comunidade internacional. A sociedade civil tamén toma protagonismo no debate internacional a través de [[Organización non gobernamental|ONGs]] internacionais de [[dereitos humanos]] que monitorean a actividade interna ou externa dos Estados. No ámbito militar xorden conflitos entre organizacións armadas non-estatais (e transnacionais en moitos casos) e os exércitos estatais ([[guerra contra o terrorismo]], [[Guerra contra as drogas|guerra contra o narcotráfico]] etc), mentres as potencias que realizan [[intervención armada|intervencións militares]] a outros países (usualmente aos considerados como [[Estado falido]]) procuran gañarse á [[opinión pública]] interna e mundial ao formar coalicións multinacionais e alegando o combate a algunha ameaza de seguridade non sen amplos debates sobre a lexitimidade dos conceptos de [[guerra preventiva]] e [[Inxerencia humanitaria|intervención humanitaria]] fronte ao [[principio de non intervención]] e de [[Pacifismo|oposición ás guerras]].
 
A valoración positiva ou negativa deste [[fenómeno]], ou a inclusión de definicións ou características adicionais para resaltar a inclusión dalgún xuízo de valor, poden variar segundo a ideoloxía do interlocutor. Isto porque o fenómeno globalizador despertou grande entusiasmo nalgúns sectores, mentres noutros despertou un profundo rechazorexeitamento ([[antiglobalización]]), habendo tamén posturas eclécticas e moderadas.
 
== Historia ==