Diferenzas entre revisións de «Día Internacional dos Traballadores»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB)
== Historia ==
[[Imaxe:1st May demonstration by Isaak Brodsky (1934, GTG).jpg|miniatura|''Manifestación do Primeiro de Maio na Avenida 25 de outubro'', óleo de Isaak Brodski (1934)]]
Os feitos que deron lugar a esta celebración están contextualizados nos comezos da [[revolución industrial|Revolución Industrial]] nos Estados Unidos. A finais do século XIX [[Chicago]] era a segunda cidade dos EUA. Do oeste e do sueste chegaban cada ano por ferrocarril miles de gandeiros desocupados, creando as primeiras vilas pobres que albergarían traballadores por centos de miles. Ademais, estes centros urbanos acolleron a emigrantes vidos de todo o mundo ó longo do [[século XIX]].
 
=== A reivindicación da xornada laboral de 8 horas ===
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima ''oito horas para o traballo, oito horas para o sono e oito horas para a casa''. Neste contexto producíronse varios movementos. En [[1829]] formouse un movemento para solicitar á lexislatura de [[Nova York]] a xornada de oito horas. Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, ''salvo caso de necesidade''. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogoneirofogueiro a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 [[Dólar estadounidense|dólar]]es.
 
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas xurisdicións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatividade dos traballadores en xeral.
10.315

edicións