Lobishome: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
As "Pautas para un correcto uso da linguaxe" di: "A aparición da perífrase "ter + participio" con valor unicamente perfectivo debe evitarse por castelanismo, pois non deixa de ser un calco da construción castelá haber + participio".
Liña 3:
 
== Características ==
A palabra vén do latín "''hominem lupum''" (''home lobo''). Esta figura mítica podería estar relacionada coa enfermidade mental chamada ''kynanthropos'' ou ''lykanthropos nosos'', estudada xa polo médico do tempo de Adriano, Marcelo de Side.
 
Na crenza popular as metamorfoses obedecen a diferentes motivos: á maldición do pai, a ter nado o 24 de [[Nadal]], noite do nacemento de [[Cristo]] ou a ser o sétimo fillo home (noutras versións, o noveno). Tamén existe a tradición que sinala que un matrimonio que teña sete fillas, e ningún home, ten a obriga de entregar a súa filla, que se converterá en peeira dos lobos; tamén pode caer a fada por envexa, bruxería ou meigallo que lle fagan a un, ou por unha soberbia que botase el mesmo.
Liña 13:
 
Do lobishome correron por Europa centos de historias e casos que deron lugar a causas por bruxería e a escritos de moitas sortes.
Na literatura clásica aparece, coma máis citado, o caso do rei [[Lycaon]] de [[Arcadia]], convertido en lobo por [[Zeus]], por terllelle dedicadodedicar sacrificios humanos, ou por [[Hera]], en vinganza dos amores de Zeus con Calisto, filla daquel rei. O caso de [[Rómulo e Remo]] aseméllase ao dos nosos ''peeiros dos lobos''.
Onde foi máis corrente a crenza é nos pobos xermánicos. Unha historia típica é a do cabaleiro que vai de caza, persegue a unha loba e chega a lle cortar unha das patas de diante; de volta ao seu castelo, atopa a súa muller cun brazo cortado e botando sangue.