Avión (medio de transporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (- sube + sobe)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 21:
O primeiro avión propiamente dito foi creado por [[Clément Ader]], que o [[9 de outubro]] do [[1890]] consegue engalar e voar 50 metros coa súa ''[[Éole]]'', pero o avión queda estragado ó esnafrarse. Posteriormente repite a fazaña co [[Avión II]] que voa 200 metros no [[1892]] e o [[Avión III]] que no [[1897]] voa unha distancia de máis de 300 metros. O voo do [[Éole]] foi o primeiro voo autopropulsado da historia da humanidade, e é considerado como a data de inicio da aviación en [[Europa]], aínda que non en [[América]].
 
A principios do [[século XX]], foi realizado o primeiro voo nunha máquina máis pesada có aire, capaz de xerar por si mesma a potencia e sustentación precisa. Sen embargoPorén, este é un feito polémico no cal son acreditados por unha parte [[Alberto Santos Dumont]] e por outra os [[Irmáns Wright]].
 
Os irmáns Wright estudaron minuciosamente canto se sabía ata entón sobre [[aeronáutica]], chegando as súas propias conclusións. Os irmáns Wright comezaron os seus experimentos con planadores no [[1900]], pero é o [[17 de decembro]] do [[1903]] cando rematan a construción do seu primeiro avión con motor de [[gasolina]] de catro cilindros e 12 [[Cabalo de vapor|cabalos de vapor]]. Pilotado por Orville e avanzando sobre raíles, elevouse tres metros e tras cabecear percorreu aproximadamente 30 metros en 12 segundos, caendo despois a terra, segundo versión dos propios interesados e das súas "testemuñas oculares".<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11372/ |title = Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17 |website = [[World Digital Library]] |date = 1903-12-17 |accessdate = 2013-07-21 }}</ref>
Liña 42:
Non obstante, o avión máis grande do mundo data dos [[anos 40]] e foi deseñado por [[Howard Hughes]], o magnate da aviación. Denominado [[Hércules H4]], ou sinxelamente "[[Spoose Goose]]" é o avión con maior envergadura alar do mundo, aínda que non de pasaxeiros.
 
Este avión só realizou un voo, no cal [[Howard Hughes]] foi o piloto. Este avión non sucou máis os aires por mor ó éxito que tiña a recénrecentemente inventada propulsión a reacción, tendo en conta que o Spoose Goose voaba grazas a oito hélices.
Actualmente o avión máis grande do mundo é o [[Antonov]] [[Antonov An-225|An-225 Mriya]], construído na [[Unión Soviética]] no [[1988]]. Este avión considerase unha reliquia porque só se fabricou un por mor da caída da [[Unión Soviética]].