Río Oder: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Police (Polonia)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 20:
O Oder nace en [[Fidlův Kopec]] (en alemán ''Lieselberg'') nos Alpes Moravos (''Odergebirge''), un ramal da cadea dos [[Montes Sudetes]], na República Checa, non lonxe da cidade de [[Olomuc]] (alemán ''Olmütz''). Desde aí diríxese para o norte, sinalando, en parte, augas abaixo de [[Ostrava]] (alemán ''Ostrau'') os límites entre a [[Moravia]] checa e a [[Silesia]] polaca. Unha vez na Silesia, toma, paulatinamente, en dirección para noroeste, atravesando entre outras a importante cidade de [[Wrocław]] (a antiga ''Breslau'' dos alemáns).
 
En [[Ratzdorf]] recibe as augas do [[Río Neisse|Neisse]] (polaco ''Nysa''), que desde o norte de [[Guben]] marca a fronteira entre Polonia e [[Brandeburgo]]. Desde aí, xa o Oder sinala a fronteira con Alemaña até as cercaníasproximidades de Schwedt. Neste tramo pasa polas cidades de [[Frankfurt (Oder)|Frankfurt an der Oder]], [[Słubice]] e [[Kostrzyn nad Odrą]] (''Küstrin'' en alemán). Entre [[Schwedt]] e [[Gartz]] o Oder divídese en dous brazos: o [[Oder Occidental]] (polaco ''Odra Zachodnia'') e [[Oder Oriental]] (''Odra Wschodnia''). O primeiro marca a fronteira desde [[Mescherin]], mentres o segundo corre polo territorio polaco. A pendente, nos derradeiros 30 km do río até [[Szczecin]] (alemán ''Stettin''), é apenas dalgúns centímetros. Atravesa [[Police]] e desemboca no [[Mar Báltico]], no que os alemáns chaman Golfo de Stettin (Stettiner Haff).
 
== Afluentes ==