Diferenzas entre revisións de «Luís Bonaparte»

Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de [[Leiden]] en [[1807]], e unha importante inundación en [[1809]]. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de '''Luís o Bo'''.
 
O seu reinado nos [[Países Baixos]] foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primeroprimeiro foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de inversoresinvestidores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de [[Rusia]], buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o [[30 de xuño]] de [[1810]].
 
En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, [[Napoleón]] incorporou os Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Francés]] estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.
32.647

edicións