Diferenzas entre revisións de «Luís Bonaparte»

== Rei de Holanda ==
{{VT|Reino de Holanda}}
Napoleón nomeouno [[Reino de Holanda|rei de Holanda]] o [[5 de xuño]] de [[1806]], cando transformou a [[República Bátava]], unaunha [[República irmá]] da [[Primeira República Francesa]], en [[monarquía]]. Aínda que o seu irmán maior quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo '''Reo Lodewijk I''' (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o [[lingua neerlandesa|idioma holandés]] e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o ''Konijn van 'Olland'' ("coello de 'Olland"), en vez de ''Koning van Holland'' ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.
 
Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de [[Leiden]] en [[1807]], e unha importante inundación en [[1809]]. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de '''Luís o Bo'''.
 
O seu reinado nos [[Países Baixos]] foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primero foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de inversores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de [[Rusia]], buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negosenegouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o [[30 de xuño]] de [[1810]].
 
En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, [[Napoleón]] incorporou os Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Francés]] estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.
 
Durante o reinado de [[Napoleón I]], Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En [[1808]] fue nomeado tamén [[Condestábel]] de Francia, un título estritamente honorífico.<ref>Testu [http://www.napoleon-series.org/research/c_almanac.html ''Almanach Impérial pour l'année MDCCCX''] en napoleon-series.org {{fr}}, {{en}}.</ref>
 
== Anos finais ==
32.647

edicións