Esterno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 21:
Divídese en tres porcións: o mango ou manubrio; o corpo formado por sete pezas; e o apéndice xifoide, que ten unha forma moi variable. O mango e o corpo articúlanse nunha [[sinartrose]] <ref>Articulación entre dous ósos fixada por un tecido fibroso que non permite o movemento.</ref> formando o chamado ''ángulo de Louis'', articulación que pode osificarse nos adultos.
 
Ten dúas caras, a anterior e posterior; dous bordesbordos laterais; e dous extremos, o superior ou base e o inferior ou vértice.
 
Atópase na parte media e anterior do [[tórax]] e articula superiormente coas [[clavícula]]s e nos bordos laterais coas [[costela]]s chamadas ''verdadeiras'' mediante a cartilaxe costal, pero coas ''falsas'' faino mediante unha única cartilaxe. As costelas ''falsas'', oitava, novena e décima, únense entre elas formando a ''arcada costal'' que, á súa vez, se une á sétima costela e esta, ao bordo lateral do esterno. O tipo de articulación condroesternal permite pequenos movementos. As articulacións denomínanse '''articulacións costo-esternais ou condro-esternais'''.