Mary Shelley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:MaryShelley.jpg|miniatura|Retrato de Mary Shlley pintado por Richard Rothwell en 1840.]]
 
'''Mary Wollstonecraft Shelley''', nada en [[Londres]] o [[30 de agosto]] de [[1797]] e finada na mesma cidade o [[1 de febreiro]] de [[1851]], foi unha [[escritor]]a [[Reino Unido|británica]]. Filla do [[filósofo]] [[William Godwin]] e da pedagoga e escritora [[Mary Wollstonecraft]], casada co famoso [[poeta]] [[Romanticismo|Romántico]] [[Percy Bysshe Shelley]]. A súa obra principal é ''[[Frankenstein (novela)|Frankenstein, ou o moderno Prometeo]]'' pero tamén escribiu outras como ''O Último home'' ou ''Perkin Warbeck''.
 
== Traxectoria ==
Liña 17:
Obrigados a permanecer dentro de casa pola condicións climáticas do "Ano sen verán" nunha determinada tarde, un grupo de mozos intelectuais e poetas, inspirados polas historias de pantasmas de 'Fantasmagoriana', decidiron montar unha competición de historias fantasmagóricas. A un invitado, o Dr. John Polidori, ocorréuselle ''O Vampiro'', que máis tarde converteríase nunha influencia para o ''[[Drácula]]'' de [[Bram Stoker]].
 
Outros invitados contaron historias igualmente terroríficas, pero Mary sentiuse incapaz de inventar unha. Esa noite, con todo, tivo un [[pesadelo]] no que viu "o pálido estudante de malas artes axeonllado fronte ao ente que acababa de construír". Decidiuse entón a escribir a historia, que máis tarde se publicaría como ''[[Frankenstein (novela)ou o moderno Prometeo|Frankenstein]]'' (1818). O seu éxito sobreviviría a moitas das historias daquela noite.
 
Mary incorporara varias fontes ao seu traballo, entre outra o mito de [[Ovidio]]. A influencia da obra de [[John Milton]] ''O paraíso perdido'', é do todo evidente. Mary e Percy eran vexetarianos e acérrimos defensores dos animais. As referencias ao [[vexetarianismo]] son constantes na súa obra. Por exemplo, na súa novela, a criatura era vexetariana.