Cinema de terror: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*villano: vilán
lig ints
Liña 1:
[[Ficheiro:Lon chaney sr.JPG|miniatura|dereita|[[Lon Chaney, Sr.]] en ''[[The Phantom of the Opera (filme de 1925)|A pantasma da ópera]]''.]]
 
O '''cine de terror''' son [[filme|películas]] que teñen o propósito de causar [[medo]], [[terror]] e [[pánico]] aos espectadores. Moitos dos seus argumentos inclúen temas sobrenaturais. O cine de terror tamén contén, a miúdo, un [[vilán]] ou anatagonista. As primeiras manifestacións deste xénero cinematográfico estaban principalmente baseadas en clásicos da literatura do xénero gótico/horror, como ''[[Drácula]]'', ''[[Frankenstein (novela)|Frankensteinou o moderno Prometeo]]'', ''[[The Wolf Man (filme de 1941)|O lobishome]]'', ''[[The Phantom of the Opera (filme de 1925)|A pantasma da ópera]]'' e ''[[Dr. Jekyll and Mr. Hyde (filme de 1941)|Dr. Jekyll e Mr. Hyde]]''. Outros filmes de terror máis recentes, pola contra, toman a inspiración das inseguridades da vida trala [[Segunda Guerra Mundial]], dando lugar aos tres distintos, pero relacionados, subxéneros: o horror de personalidade, da película ''[[Psycho (filme de 1960)|Psicose]]''; o teror á fin do mundo, da película ''[[Invasion of the Bodysnatchers]]''; e o terror ao diaño, do filme ''[[O exorcista (filme)|O exorcista]]''. Este último subxénero pode ser viso como unha transición moderna desde as primeiras películas de terror, expandindo a súa énfase nos axentes sobrenaturais que traen o horror ao mundo<ref>{{Cita libro|título=Dark Dreams: A Psychological History of the Modern Horror Film|apelidos=Derry|nome=Charles|ano=1977|editor=Macfarland}}</ref>.
 
==Etapa muda==
Liña 6 ⟶ 7:
O día que os irmáns [[Lumière]] realizaron a súa primeira sesión de cinematógrafo converteron o director dun espectáculo dedicado á maxia no pai dos efectos especiais, e do cine fantástico como tal. O francés [[Georges Méliès]], impresionado polo invento, non só fundou o “Montruil-sous-Bois”, o primeiro estudio cinematográfico da historia, senón que foi un dos directores máis destacados do cine dos comezos de século, no que se realizaban fundamentalmente películas de fantasía, até que o público se comezou a decantar por historias e dramas máis realistas. Un dos filmes máis destacados de Méliès foi ''[[Le Voyage dans la Lune]]'', realizado no ano 1902.
 
Nestes primeiros filmes, as técnicas de efectos especiais procedían das usadas no teatro, ou de métodos clásicos, como a "lanterna máxica". As historias alimentábanse da literatura e o folclore popular. A primeira adaptación de ''[[Frankenstein (novela)|Frankensteinou o moderno Prometeo]]'' rodábase norodouse anoen 1910. Poucos anos despois, no ano 1913, [[George Fuchs]] fundou o Artistic Theatre en [[Múnic]], onde se asentarían as bases da escenografía expresionista. O expresionismo alemán tería como tema esencial o terror, como demostra ''Der Student von Prag'', de [[Paul Wegener]], estreada no ano 1913.
 
Mentres, nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], un coñecido actor de teatro debuta no cinema. Coñecido como "o Home das 1000 caras", [[Lon Chaney]] sería máis tarde a primeira grande estrela do cinema de terror.