Diferenzas entre revisións de «Frauta»

m
→‎Historia: arranxiños corrector
m (→‎Historia: arranxiños corrector)
[[Ficheiro:PiscalDivjeBabe.jpg|miniatura|esquerda|100px|Frauta feita co [[óso]] dun [[oso das cavernas]]. Trátase do instrumento de música máis antigo achado ata o momento.]]
[[Ficheiro: Flauta paleolítica.jpg|dereita|miniatura|300px|Frauta do período Auriñaciense, feita con óso, atopada no [[sitio arqueolóxico]] de Geissenklösterle, Alemaña. Réplica exposta no Parque da Prehistoria de Treverga, [[Principado de Asturias]].]]
Agás a voz, pola sinxeleza da súa construción, poida que sexa un dos instrumentos máis antigos, pois con diversas formas atópase en todas as [[cultura]]s. As primeiras frautas asemellábanse a [[chifre]]s, pois só tiñan un orificio (buraco), e os romanos déronlle os nomes de ''tibia'', ''fístula'' e ''cálamus[[cálamo]]'' porque adoitaban facerse do óso chamado [[tibia]] ou dunha cana vexetal ou metálica. Acháronse en antigas ruínas non poucas destas frautas gregas e romanas de óso e de bronce como se poden ver nas coleccións dos Museos [[Museo Británico|Británico]] de [[Londres]] e [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles|Nacional de Nápoles]]. Atópanse a miúdo nas escavacións de cidades romanas uns cilindros ocos de sección de morna cun orificio lateral a xeito de frauta reducida que parece deberon servir de [[chifre]]s. Máis antigas que todas elas son, sen dúbida, as frautas exipcias de cana e de óso e de sinxelas formas que garda o mencionado museo de Londres entre outros. A frauta máis antiga descuberta pode ser un fragmento dun [[fémur]] dun [[oso das cavernas]] xuvenil, con dous ou catro buracos, atopado en [[frauta de Divje Babe|Divje Babe]] preto de [[Cerkno]] ([[Eslovenia]]) e datado en hai aproximadamente 43.000 anos. Con todo, todo isto é moi disputado<ref>{{cita web
| autor = Tenenbaum, David
| ano = 2000
| dataacceso = 8 de abril de 2012
| lingua = inglés
}}</ref><ref>[http://cogweb.ucla.edu/ep/FluteDebate.html Historia da frauta], UCLA. 8 de abril de 2012 {{en}}.</ref> pois en [[2008]] atopouse unha frauta que dataron entre 40.000 e 35.000 anos atrás na rexión do [[Cordilleira do Xura|Xura de Suabia]] de [[Alemaña]].<ref>{{Cita web|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/8117915.stm |autor= BBC |título= Is this bone a Neanderthal flute? |lingua=inglés| trad_título = ''É esta unha frauta de óso de Neanderthal?''}}</ref> Esta frauta furada con cinco buracos ten unha embocadura en forma de ''v'' e está feita do óso da á dun [[voitre]]. Os investigadores implicados no descubrimento publicarónpublicaron as súas conclusións oficialmente no diario ''[[Nature]]'', en agosto de 2009.<ref>{{Cita publicación periódica
| doi = 10.1038/nature08169
| ano = 2009
| apelidos = Wilford | nome = John N. | authorlink = |autor2= | título = Flutes Offer Clues to Stone-Age Music | revista = The New York Times | volume = 459| issue = 7244| páxina = 248–52| publisher = | location = | data = xuño 24, 2009 | url = http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html |dataacceso=18 de marzo de 2012| pmid = 19444215| doi = 10.1038/nature07995 | id = |bibcode = 2009Natur.459..248C }}. Citation on p. 248.</ref> Os científicos tamén suxeriron que o descubrimento desta frauta pode axudar a explicar a probable diferenza cognitiva e comportamental entre os [[Home de Neanderthal|Neanderthais]] e os primeiros humanos modernos.<ref name=BBC/>
 
Aínda que esta é a mellor conservada das que atoparon neste lugar, tamén se lle atoparon outras feitas con un cabeiro de [[mamut]], unha delas con tres buracos. Unha antigüidade de entre 30.000 e 37.000 anos é a que se atribúe á frauta ou chifre feita cun cabeiro de mamut que se atopou na cova de Geißenklösterle, en [[Alemaña]] , preto de [[Ulm]]<ref>[http://www.ox.ac.uk/media/news_releases_for_journalists/120524.html ‘Earliest musical instruments were first produced in Europe 40,000 years ago’] Universidade de Oxford (consultado o 6 de outubro de 2012){{en}}</ref> en 2004. Aproximadamente da mesma época datan outras dúas frautas, estas feitas con óso de [[cisne]], que se descubriron unha década antes na mesma cova alemá, e ás que se atribúe unha antigüidade duns 36.000 anos. Estas atoparíanse entre os instrumentos máis antigos que se coñecen, o que permite afirmar que a frauta (ou o chifre) sería o instrumento máis antigo da humanidade. Outras frautas igualmente do [[paleolítico]] con antigüidades entre os 20.000 e 25.000 anos xa consideran as dúas grandes tipoloxías de embocadura, segundo o bisel estea practicado no extremo do tubo sonoro ou no interior deste. Entre os primeiros, progresivamente, fóronse desenvolvendo diversos tipos de bisel segundo tivera ou non tivese unha marca, que podería ter formas diversas (rectangular, ovoidalovoide, triangular...). Son posteriores os tipos de frauta con burato lateral.<ref>Gran Enciclopèdia de la Música. Barcelona, GEC</ref><ref>Andrés, Ramon (1995): Diccionario de Instrumentos Musicales. Barcelona, Bibliograf</ref> No período [[Auriñaciense]] estes instrumentos, agora cunhas perforacións laterais, empezáronse a prodigar máis, e proliferaron uns 5.000 anos máis tarde, no [[magdaleniano]].
 
A [[frauta travesa]] apareceu con posterioridade aos chifres e frautas rectas. A máis antiga conservada é un'' chi'' (篪|) que foi descuberto na tumba do marqués Yi de Zeng, en [[Suizhou]], na provincia chinesa de [[Hubei]]. Data do 433 antes de Cristo, durante a dinastía Zhou. Está feita de bambú e decorada con lacados, ten os dous extremos tapados e ten cinco buracos. As frautas chi aparecen mencionadas no [[Shi Jing]], que foi recompilado e editado por [[Confucio]].
 
[[Ficheiro:Manet, Edouard - Young Flautist, or The Fifer, 1866 (2).jpg|miniatura|200px|Pintura de [[Edouard Manet]], na que se representa a un raparigo tocando un [[Piccolo|frautín]]]]
A [[Biblia]], no [[Xénese]], capítulo 4, versículo 21, cita a Jubal<ref name="histomusica">{{cita web|url=http://www.histomusica.com/libros/bandas.php?capitulo=55|título=Los Orígenes de las Primitivas Bandas|obra=Histomúsica |lingua=castelán}}</ref> como pai de todos os que tocan o'' Ugab'' (frauta vertical de varios tubos) e o'' kinnor'' (lira portatilportátil). O primeiro termo refírese ás veces a algúns instrumentos de vento en concreto e, outros, a algúns en particular; e o segundo a instrumentos de corda. Como tal, na tradición xudeu-cristiá, Jubal é tido como o inventor da frauta, un termo que se emprega nalgunhas traducións da Biblia.
 
Durante a Idade Media desenvolvéronse varios modelos de frautas dobres, ás veces tratábase de dous instrumentos separados que eran tocados xuntos e, noutros casos, dun instrumento construído xa como tal con dous tubos que nuns casos eran paralelos -como no caso do [[diple]] - e outros en ángulo, como o que toca un dos anxos músicos no retablo de [[Jaume Ferrer Bassa|Ferrer Bassa]]. De feito, xa na [[Grecia clásica]] existiran aulos dobres, en ángulo, segundo se pode ver en multitude de representacións pictóricas sobre cerámica.
En Europa, desenvolvéronse moitas tipoloxías de frautas na música tradicional e a folclórica, a inmensa maioría delas sopradas polo extremo do tubo e con canle de aire (ademais de algunhas zonas que se decantaron máis ben polas frautas de pan). En cambio, no ámbito da música clásica as relacións entre as frautas de pico e as travesas foi bastante diferentes.
 
No [[música renacentista|Renacemento]] e no [[música barroca|Barroco]] conviven ámbolos dous tipos de instrumentos. A frauta de pico, ao longo do [[século XVI]] desenvólvese nunha familia integrada por unha serie de instrumentos de características practicamente idénticas, con afinacións diferentes -con predominio das frautas en do e fa- que permiten de tocar música polifónica cun timbre homoxéneo. En cambio, a frauta travesa non chegou a desenvolver unha familia comparable á da envergadura da frauta de pico, aínda que [[Alexander Agricola]] no seu tratado'' música instrumental deudsch'' do 1528 mostra unha familia de catro frautas travesas de tamaños e tesituras diferentes. Aínda que unha parte da literatura barroca para frauta permite ser tocada con ámbolos tipos de frauta, aínda que se adapte máis ben a unha que á outra, tamén hai mostras de música exclusivamente pensada para unha e non para a outra. Constitúen un exemplo do primeiro caso as sonatas para un instrumento melódico e baixo continuo que [[Haendel]] publicou como acompañados cunha serie de instrumentos entre as que se atopan ámbolos tipos de frautas, ademais do [[violín]] ou o [[oboeóboe]], o certo é que algunhas son máis indicadas para un destes instrumentos. En cambio, [[Johann Sebastian Bach]] acompaña con dúas frautas de pico a o [[concertino]] no seu segundo [[concertos de Brandenburgo|concerto de Brandeburgo]], pero cunha frauta travesa para o quinto da mesma serie .
 
No [[Música do clasicismo|Clasicismo]] a frauta travesa xa era prácticamentepracticamente a única empregada nos ámbitos da música de concerto e a [[ópera]], só personaxes de baixa extracción social como Papageno en [[Die Zauberflöte|A frauta máxica]] de [[Mozart]] tocan outros tipos de frauta como a frauta de pan. Construída en madeira, deu un salto cualitativo importante no momento en que [[Theoblad Böhm]] ([[1794]] - [[1881]]) inventou e aplicoulle un sistema de claves que facilitaba a execución á vez que incrementaba sustancialmentesubstancialmente as posibilidades; un sistema que máis tarde adaptaría e aplicaría a outros instrumentos de vento-madeira. Posteriormente, a frauta travesa pasaría a construirseconstruírse en metal. Ao longo do [[século XIX]] igual como sucedeu con tantos outros instrumentos de vento, a frauta travesa de orquestra foi obxecto de experimentacións diversas, entre outras a do mesmo Boehm, ou as diferentes formas que se buscaban para construír frautas de tesituras máis graves.
 
Pola súa banda, a frauta de pico renaceu a unha escala importante ao longo do século XX, en dous terreos diferentes. Por unha banda, para a interpretación da [[música antiga]] con criterios e instrumentos o máis próximos posible aos da época en que fora creado o repertorio. Por outra banda, e unha vez feitas algunhas adaptacións como a fabricación industrializada a prezos económicos, a experimentación con plásticos diversos, e a adaptación do sistema de dixitación a unha modalidade máis simple, o instrumento popularizouse no mundo da educación musical na escola.
104.751

edicións